Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 24 de decembro de 1998 Páx. 13.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento do permiso de investigación Fojo, número 2749.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que con data do 9 de outubro de 1998 se outorgou o permiso de investigación Fojo nº 2749, de 3 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Tui, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 23 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

10829