A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que con data do 24 de setembro de 1998 se outorgou o permiso de investigación Viñavella nº 2745, de 3 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Ponteareas, da provincia de Pontevedra.
O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.
Pontevedra, 23 de novembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
10827