Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 24 de decembro de 1998 Páx. 13.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T. a 20 kV parque eólico do Careón-subestación do parque, que afecta ó termo municipal de Palas de Rei. (Expediente 5016 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Energías Especiales de Careón, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na rúa Betanzos, 1-1º, A Coruña, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 52 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 40/1994, aplicable en virtude da instrucción do 14-11-1996, do conselleiro de Industria e Comercio, e en virtude do establecido nas disposicións transitoria primeira e segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Visto que, sometido o expediente á información pública no BOP de Lugo do 3-8-1998, BOE do 1-8-1998, DOG do 25-8-1998 e diario El Progreso, de Lugo, do 1-8-1998, non foron formuladas alegacións contra el.

Sendo competente este organismo, conforme o Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617 e 2619/1966.

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Energías Especiales de Careón, S.A. o establecemento da devandita instalación eléctrica, coas seguintes características principais: liña aérea a 20 kV en conductor LA-180 de 2.660 m sobre apoios metálicos (18).

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro.-Aproba-lo seu proxecto de execución.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación.

Lugo, 2 de novembro de 1998.

P.A.

Juan Antonio Gálvez García

Xefe do Servicio de Industria

10797