Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 24 de decembro de 1998 Páx. 13.658

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de decembro de 1998 pola que se acorda a posta en funcionamento da Oficina de Tramitación Única de Industrias.

O Decreto 223/1998, do 24 de xullo, creou a Unidade de Oficina de Tramitación Única de Industrias, con funcións de información e asesoramento en materia de creación de industrias e de recepción e de impulso dos expedientes administrativos que se incoen noutras unidades administrativas para a posta en funcionamento dunha industria.

Na disposición derradeira primeira do sinalado decreto decíase que a posta en funcionamento da Oficina de Tramitación Única de Industrias fixarase mediante orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública e, en todo caso, dentro do ano 1998.

Por todo esto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Oficina de Tramitación Única de Industrias entrará en funcionamento o día 30 de decembro de 1998.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

11741