Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 23 de decembro de 1998 Páx. 13.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

ANUNCIO de poxa por procedemento restrinxido.

1. Obxecto: venda mediante poxa pública por procedemento restrinxido das seguintes parcelas (bens patrimoniais) sitas no polígono industrial de Chorente, descritas pola súa situación conforme aparecen no plano parcelario resultante do plan parcial aprobado: parcelas números 1, 2, 3, 4, 5, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 21, 24 e 25.

2. Tipo de licitación:

-Para a parclea nº 24: 4.500 ptas./m máis IVE.

-Para as restantes parcelas: 3.500 ptas./m máis IVE.

3. Duración do contrato: o Concello de Allariz comprométese a traslada-la propiedade e posesión das parcelas descritas mediante o outorgamento da escritura pública ante notario, logo de segregación, dentro dos quince días seguintes ó da data de adxudicación, con plena aplicación co cadro xeral de dereitos e obrigacións da compravenda, segundo os preceptos do Código Civil.

4. Garantía provisional e definitiva: a provisional será dun 2% do tipo de licitación establecido para cada unha das parcelas segundo quedou antes reflectido coa particularidade establecida no número segundo da cláusula 4ª do prego de condicións.

A definitiva será do 4% do prezo do remate.

5. Ingreso: o ingreso efectuarase na forma e prazos determinados no prego.

6. Gastos: o adxudicatario queda obrigado ó pagamento dos anuncios e impostos que procedan.

7. Criterios obxetivos aplicables na invitación ó procedemento restrinxido: poderán presentar ofertas no procedemento restrinxido aquelas persoas físicas ou xurídicas que previamente formularon peticións de localización da actividade industrial no parque empresarial de Chorente ante a Axencia de Desenvolvemento Local conforme as medidas de fomento de instalación neste solo industrial aprobadas polo pleno desta corporación en sesión do 31-5-1996 ou cumpran os requisitos de adquisición preferente de solo alí acordadas conforme os proxectos empresariais e demais compromisos establecidos.

8. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles, seguintes á publicación deste anuncio; suspenderase a licitación en caso de impugnación.

9. Presentación de solicitudes de participación no procedemento restrinxido: lugar, prazo de presentación e documentación.

9.1. Lugar e prazo de presentación das solicitudes de participación: no rexistro xeral do concello, no praza Maior, 1 (Allariz), de 9 a 14 horas, durante o prazo de 14 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP na forma establecida na cláusula novena do prego de condicións. O prazo empezará a contarse desde o día seguinte ó de aparición no último de calquera dos boletíns antes mencionados.

9.2. Documentos que se presentaron coa solicitude: os descritos na cláusula novena punto dous do citado prego.

10. Selección de participación no procedemento de invitación e presentación de proposicións económicas: no seguinte día hábil ó de terminación do prazo de presentación de solicitudes de participación a mesa de contratación proporá ó alcalde os seleccionados para participar na presentación de ofertas.

O alcalde cursará invitación a presentar proposicións económicas ós seleccionados, sinalando o prazo de presentación de proposicións que non será inferior a 26 días naturais, o día e a hora de apertura das presentadas, a teor do previsto no artigo 79.2 parágrafo segundo da LCAP.

11. Presentación e apertura de proposicións: segundo as formalidades e requisitos establecidos na cláusula 11 do prego.

A mesa de contratación, en acto público, celebrado o día e hora fixado no escrito de invitación, dará conta dos solicitantes seleccionados e dos excluídos, indicando as causas da exclusión, e procederá á apertura das proposicións económicas presentadas polas persoas invitadas, logo de comprobación do resgardo da fianza provisional, acordando proposta de adxudicación do contrato ó licitador que ofrece o prezo máis alto.

12. Adxudicación definitiva: a mesa de contratación elevará o expediente ó pleno da corporación para a súa adxudicación definitiva, que deberá

recaer dentro dos 20 días seguintes ó de apertura de proposicións económicas.

13. Formalización do contrato: a adxudicación do contrato formalizarase en escritura de compravenda conforme as normas do Código Civil.

14. Modelo de solicitude para participar no procedemento restrinxido: segundo consta na cláusula 16 do prego.

15. Modelo de proposición económica: segundo consta na cláusula 17 do prego.

Allariz, 30 de setembro de 1998.

Anxo M. Quintana González

Alcalde

11593