Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 23 de decembro de 1998 Páx. 13.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, en sesión celebrada o día 13 de novembro de 1998, aprobou inicialmente o estudio de detalle presentado por Manuela Vicente Terceiro, para fixación de aliñacións e rasantes na rúa 39, segundo proxecto redactado polo arquitecto Rosón Gasalla.

O que se fai público durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, conforme establece o artigo 43.3º da Lei do solo de Galicia, para os efectos de poder presentar de 8 a 13 horas observacións ou reclamacións a través do rexistro xeral de entrada deste concello ou en calquera outra forma admitida pola Lei de procedemento administrativo.

A Estrada, 20 de novembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

10140