Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 23 de decembro de 1998 Páx. 13.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de residuos sólidos urbanos 98/0001 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, (DOG nº 168, do 2-9-1997), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López, funcionaria desta delegación, contra a que se poderá promove-la recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se con

corre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo conselleiro de Medio Ambiente, segundo o artigo 43 da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 24 de novembro de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación infracción

Lei de residuos sólidos urbanos

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoArtigoCualificaciónSanción

proposta

R-98/0001José Fresco Rodríguez

09.940.471

Trav. Coutelana, 4-1º B, Cambre

Abandono de vehículo da súa propiedade37.2º.1Grave250.001 ptas. multa

R-98/0006Yolanda L. González Otero

33.294.557

Igrexa-Obre, Noia

Abandono de vehículo da súa propiedade37.2º.1Grave250.001 ptas. multa

R-98/0018Vinoya, S.L.

Xral. Mola, 2, Ordes

Abandono de vehículo da súa propiedade37.2º.1Grave275.000 ptas. multa

R-98/0035Mohamed Deeb Ismail

C-004.245

Montero Ríos, 9, Noia

Abandono de vehículo da súa propiedade37.2º.1Grave250.001 ptas. multa

Tipificación infracción

Lei de residuos sólidos urbanos

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoArtigoCualificaciónSanción

proposta

R-98/0049José Gallego Torreiro

33.305.141

José Mesa y Lopez, 63-16, As Palmas de Gran Canaria

Abandono de vehículo da súa propiedade37.2º.1Grave250.001 ptas. multa

R-98/0052Pescados Oliveira, S.L.

Iria Pousa, s/n, Padrón

Abandono de vehículo da súa propiedade37.2º.1Grave250.001 ptas. multa

10993