Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 23 de decembro de 1998 Páx. 13.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1998 pola que se fan públicas adxudicacións definitivas de contratos de obras.

Esta consellería, en cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, acorda darlle publicidade ás adxudicacións, polo procedemento negociado sen publicidade, dos contratos de obras anunciadas por Resolución do 31 de xullo de 1998, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (DOG nº 155, do 12 de agosto de 1998), despois de ser declaradas desertas por resolución do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 3 de setembro de 1998, logo de concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia convocado para o efecto.

1. Rehabilitación do edificio anexo ó Semáforo de Fisterra para a súa conversión en refuxio-bar, en Fisterra (A Coruña).

Sistema de adxudicación: procedemento negociado sen publicidade.

Importe: doce millóns cento setenta mil pesetas (12.170.000), IVE incluído.

Adxudicatario: Extraco.

2. Restauración da ferraría de Penacova, 2ª fase, en Bóveda (Lugo).

Sistema de adxudicación: procedemento negociado sen publicidade.

Importe: oito millóns cincocentas trinta e tres mil oitocentas corenta pesetas (8.533.840), IVE incluído.

Adxudicatario: C. Varela Villamor.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

11070