Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 23 de decembro de 1998 Páx. 13.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1998 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, da subministración consistente no arrendamento dun mínimo de 30 vehículos para a campaña de identificación de gando bovino.

En cumprimento do disposto no artígo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: arrendamento dun mínimo de 30 vehículos para a campaña de identificación de gando bovino.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e sete millóns cincocentas mil pesetas (37.500.000 ptas.), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 24 de novembro de 1998.

b) Contratista: Autos Brea, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trinta e cinco millóns setecentas noventa e nove mil setecentas cincuenta pesetas (35.799.750 ptas.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria

11025