Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 23 de decembro de 1998 Páx. 13.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre a constitución e modificación das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/81, do 3 de agosto e á orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988, inscritas

no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións que se citan,

Constitución de:

A Sociedade Agraria de Transformación San Xulián SAT nº 1003 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Grixalba - Sobrado - A Coruña; obxecto social: producción gandeira; capital social: 63.600.000 pesetas; nº de socios: 5.

A Sociedade Agraria de Transformación Os Picos SAT nº 1004 XUGA, de responsabilidade limitada o capital social e cunha duración indefinida, con enderezo na Silva-Pol (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 75.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Nimo SAT nº 1005 XUGA, de responsabilidade limitada o capital social e cunha duración indefinida, con enderezo en San Cosme de Piñeiro-A Pastoriza (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 150.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Xustas SAT nº 1006 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Xustas, Cospeito (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 32.280.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Lanzós SAT nº 1007 XUGA, de responsabilidade limitada o capital social e cunha duración indefinida, con enderezo en Pacios-Trabada (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 75.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación San Román SAT nº 1008 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en San Román-Lousada, Samos (Lugo); obxecto social: explotación comunitaria de terras e gando; capital social: 300.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Andión SAT nº 1009 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Andión-A Silva-Pol (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 22.280.000 pesetas; nº de socios: 4.

A Sociedade Agraria de Transformación Villarino SAT nº 1010 XUGA, de responsabilidade limitada o capital social e cunha duración indefinida, con enderezo en Pacios-Castro de Rei (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 75.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Garridiño SAT nº 1011 XUGA, de responsabilidade limitada o capital social e cunha duración indefinida, con enderezo na Rigueira-A Pastoriza (Lugo); obxecto

social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 200.000 pesetas; nº de socios: 4.

A Sociedade Agraria de Transformación Rego SAT nº 1012 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Rubín-Rubín-Sarria (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 40.953.600 pesetas; nº de socios: 3.

Modificación de:

A Sociedade Agraria de Transformación Albores-Mazaricos SAT nº 4261 XUGA, na asemblea xeral do 20 de febreiro de 1998, acorda por unanimidade: a alta dun socio e a baixa doutro, sen variación no capital social.

A Sociedade Agraria de Transformación Mantequerías Lomba SAT nº 2162 XUGA, na asemblea xeral do 28 de outubro de 1998, acorda por unanimidade:

1º Establece-lo valor do resgardo en 250.000 ptas., que en 12 resgardos respecta o capital social establecido en 3.000.000 de ptas. completando con este criterio as fichas dos socios a partes iguais.

2º Renova-la xunta rectora nomeando a: José Ledo Taboada, presidente; Concepción García Feijoo, secretaria e Florencio Ledo Taboada, vocal.

A Sociedade Agraria de Transformación Ibia SAT nº 659 XUGA, en copia certificada da asemblea xeral expedida o 6 de maio de 1998, acorda por unanimidade, aproba-la elección de nova xunta rectora que integran: Juan José Noceda Terrón, presidente; Ricardo Villamil Soto, secretario; Josefa Terrón Díaz e Manuel Terrón Díaz, vocais.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1998.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación

11576