Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 22 de decembro de 1998 Páx. 13.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/154-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Beiramar, parcela 4 - Perillo.

Situación: Oleiros.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV baixo tubo e con conductor 2 R.H.V.-12/20 kV, de 3 (1x240) mm Al de 125 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta ó C.T. Los Álamos (expediente 31805) e remate no C.T. Beiramar que se vai instalar. Centro de transformación, en caseta prefabricada de formigón, de 630 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en parcela A-4 do PP-1 Beiramar. Oleiros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 11 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

10750