Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 22 de decembro de 1998 Páx. 13.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/151-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T.S. Trav. Vázquez de Parga.

Situación: Carballo.

Descricións técnicas: conexión eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 10 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta ós CC.TT. Bértoa (expediente 50686) e Ambulatorio (expediente 31447) e remate no C.T. travesía Vázquez de Parga, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada formigón, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión subterránea en conductor

R.V. 0,6/1 kV de 4 (1x240) mm Al, de 200 m de lonxitude. Carballo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, de 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 11 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

10754