Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 22 de decembro de 1998 Páx. 13.617

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1998 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería, a Jorge Cerqueiro Pequeño (praza 101/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 5 de novembro de 1997 (BOE do 6 decembro), para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería, a prol de Jorge Cerqueiro Pequeño, con documento nacional de identidade número 35.310.358, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Jorge Cerqueiro Pequeño profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de expresión gráfica na enxeñería, do departamento de Deseño na Enxeñería.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión do interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.

Vigo, 30 de novembro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

11148