Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 22 de decembro de 1998 Páx. 13.617

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1998 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de comunicación audiovisual e publicidade, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación, a Ana María Amorós Pons (praza 98/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 5 de novembro de 1997 (BOE do 6 decembro), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de comunicación audiovisual e publicidade, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación, a prol de Ana María Amorós Pons, con documento nacional de identidade número 73.763.893, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ana María Amorós Pons profesora titular de universidade da área de coñecemento de comunicación audiovisual e publicidade, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión da interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.

Vigo, 30 de novembro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

11147