Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 4 de novembro de mil novecentos noventa e oito, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o concurso, polo procedemento aberto e trámite ordinario, da prestación do servicio de limpeza de diversas dependencias municipais, que se expón ó público durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG para que se poidan presentar reclamacións.

Simultáneamente, anúnciase concurso público, polo trámite ordinario, se ben a licitación se aprazará cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo, comisión de goberno do Concello de Vilamarín.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto: constitúe o obxecto do concurso a prestación dos servicios seguintes:

a) Centro de saúde de Vilamarín, limpeza cinco días á semana.

b) Consultorio médico Tamallancos, limpeza tres días á semana.

c) Consultorio médico de Pazos, limpeza un día á semana.

d) Casa do Concello, limpeza tres veces á semana.

e) Biblioteca municipal, limpeza unha vez á semana.

f) Dependencias instalacións deportivas (baños e vestiarios), durante os meses de xullo e agosto seis días á semana, o resto do ano un día á semana.

3. Tipo de licitación: 1.400.000.-pesetas anuais(I- VE incluído).

4. Garantías:

a) Provisional: será do 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade. Concello de Vilamarín.

b) Domicilio: A Pena-Reádegos.

c) Localidade: Vilamarín, C.P. 32101.

d) Telefono e fax: 988 28 60 00.

e) Data límite de obtención da documentación: ata o último día do prazo para presenta-las proposicións, das nove ás catorce horas (excepto sábados).

6. Presentación de proposicións:

a) Data límite para a presentación de proposicións: durante os vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG das nove ás catorce horas. Se o último día fora inhábil ou sábado, o prazo rematará o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas, de acordo co modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 16º do prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Vilamarín.

7. Apertura de proposicións: as catorce horas do terceiro día hábil posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións(excepto sábados).

Vilamarín, 9 de novembro de 1998.

Amador Vázque Vázquez

Alcalde