Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

CONCURSO para a contratación da asistencia técnica para a redacción do proxecto de rehabilitación da antiga estación de Renfe para o seu uso como conservatorio municipal e centro de educación.

1. Entidade adxudicante:

Organismo: Concello de Vigo.

Dependencia: Educación, Patrimonio e Contratación.

Expediente: 11654/240.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: redacción do proxecto de rehabilitación da antiga estación de Renfe para o seu uso como conservatorio municipal e centro de educación.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 7.597.536 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información:

Rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40, correo electrónico: ofi.patmun*vigo.org.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica na forma prevista na cláusula 5.2 do prego de condicións.

8. Presentación de ofertas:

Data límite: 26 días naturais contados a partir do día seguinte á última publicación do presente anuncio no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 5 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

Entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

O modelo de proposición axustarase ó recollido no anexo do prego de condicións administrativas.

11. Gastos dos anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 4 de decembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

10988