Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, das obras dos proxectos de alargamento e mellora de pavimento en diversas rúas e camiños de Vigo (3 proxectos).

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Vigo.

Dependencia: Infraestructuras e Obras, Patrimonio e Contratación.

Nº expediente: 11728/240.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: execución das obras dos proxectos de alargamento e mellora de pavimento en diversas rúas e camiños de Vigo.

Lotes:

Lote 1: proxecto de alargamento e mellora do camiño de Matamá-O Pazo, cun importe de 28.365.872 ptas. e un prazo de execución de cinco meses.

Lote 2: proxecto de mellora do pavimento da calzada esquerda da Gran Vía, cun importe de 20.134.128 ptas. e un prazo de execución de dous meses.

Lote 3: proxecto de mellora do pavimento da estrada do Freixo, cun importe de 21.500.000 ptas. e un prazo de execución de dous meses.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: para cada lote é o que figura nas descricións dos lotes neste anuncio xunto co nome do proxecto.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: o tipo de licitación para cada un dos lotes é a cantidade que figura no punto 2 deste anuncio xunto co nome do proxecto.

5. Garantías:

Provisionais: dispénsanse.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n,

36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: para o lote 1: grupo g, subgrupo 6, categoría c, e grupo I, subgrupo 1, categoría a. Para os lotes 2 e 3: grupo g, subgrupo 4, categoría d.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas:

Prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 30 de novembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

11513