Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, da subministración de armarios, bancos e material para o ximnasio da Policía Local de Vigo.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Vigo.

Dependencia: Policía Local, Patrimonio e Contratación.

Nº expediente: 11713/240.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: subministración por lotes de armarios, bancos e material para o ximnasio da policía local de Vigo.

Unidades que se van entregar: véxase condicións técnicas.

Lotes:

Lote 1: armarios e bancos (7.100.000 ptas.).

Lote 2: material ximnasio policía local (3.500.000 ptas.).

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 30 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: o que figura no punto 2 deste anuncio.

5. Garantías:

Provisionais: dispensada.

Definitiva: 4% do lote que resulte adxudicatario.

6. Obtención de documentación e información:

Rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas:

Prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

O modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios:

Serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 24 de novembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

11512