Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 16 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de aproveitamento das augas minero-medicinais da concesión denominada Virgen de la Estrella, sita no concello de Carballo, provincia da Coruña.

Segundo o establecido no artigo 13 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas minero-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 266, do 19 de novembro de 1996), sométese a información pública, durante un prazo de 20 días contados a partir da publicación do presente anuncio, a solicitude presentada por Ramón Fernández Mato, en representación de Baños Viejos de Carballo, S.A., con enderezo na rúa Estrela, 10, 15100 Carballo (A Coruña), de autorización de aproveitamento das augas minero-medicinais da concesión denominada Virgen de la Estrella, sita no concello de Carballo, na provincia da Coruña, co fin de que os interesados, propietarios dos terreos, bens e dereitos comprendidos no perímetro de protección proposto poidan alegar canto conveña ós seus intereses.

Proposta do perímetro de protección:

-Zona de restriccións absolutas:

Lonxitude W Latitude N

8º 41' 20,92''43º 12' 54,03''

-Zona de restriccións máximas:

DenominaciónLonxitude WLatitude N

P.P.Cota 207 Barral-Brea 8º 40' 13''43º 12' 5''

1Ponte Nova 8º 42' 50''43º 12' 3''

2Cota 212 Piñeiro-Xoane da estrada 8º 43' 23''43º 13' 46''

3Cota 128 Estr. Amados-Pol. Ind. 8º 41' 23''43º 14' 19''

4Km 30 Estr. N-552 8º 39' 52''43º 13' 51''

-Zona de restriccións moderadas:

DenominaciónLonxitude WLatitude N

P.P.Cota 207 Barral-Brea 8º 40' 12''43º 12' 5''

1Cota 170 Monte Pedrabranco 8º 42' 24''43º 10' 55''

2Cota 142 Chousas Grandes 8º 45' 0''43º 13' 0''

3Cota 247 San Amaro 8º 45' 51''43º 15' 29''

4Cota 233 Monte Deiras 8º 42' 4''43º 16' 6''

5Cota 207 Monte da Condesa 8º 39' 0''43º 14' 56''

Para os efectos informativos estará á disposición dos interesados un exemplar nas oficinas desta delegación provincial, Sección de Minas e nos concellos de Carballo, Ponteceso e Malpica de Bergantiños. As alegacións poderanse formular durante o prazo sinalado.

A Coruña, 16 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11442