Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/286-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Insuiña, S.L.

Domicilio social: Ardía, 172, 36980 O Grove.

Denominación: central de coxeración en Mougas.

Situación: Oia.

Descricións técnicas: grupo motoxerador de 655 kW xerador síncrono de 781 kVA, 625 kW, 400 V. Equipo de control, protección, acoplamento e medida. Trafo principal de 1.600 kV. Equipo recuperación da calor con dúas caldeiras de 250 kW, dous intercambiadores de 460 kW. Un depósito de 60.000 l de dobre parede con sistema de detección de fugas por baleiro (subterráneo). En Mougas, concello de Oia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 4 de decembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

10734