Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/72-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.S. e R.B.T.S., subterráneas en Alcalde Espiñeira.

Situación: Curtis.

Descricións técnicas: modificado o proxecto de L.M.T.S., C.T.S. e R.B.T.S. existente en Alcalde

Espiñeira. Liña eléctrica subterránea L.M.T. a 15/20 kV baixo tubo e conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x240) mm Al de 412 m de lonxitude, cun orixe na liña A Castellana-Teixeiro (expediente 27272) e remata no C.T. a instalar na 3ª travesía Ramón Espiñeira. Centro de transformación prefabricado de formigón, de 630 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV na 3ª travesía Ramón Espiñeira, do que parte unha rede de baixa tensión subterránea, baixo tubo en conductor R.V. 0,6/1 kV de 4 (1x240) mm Al (tres circuítos) en Curtis.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 10 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

10744