Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/285-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.

Domicilio social: Avda. parque 15, 36201 Silleda.

Denominación: L.M.T. estrada de circunvalación.

Situación: Silleda.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 430 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde o C.T. existente do cemiterio ata o C.T. existente do instituto. Concello de Silleda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 9 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

10746