A Sala do Contencioso-Administrativo, sección Terceira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, reclamoulle a esta consellería o expediente correspondente ó recurso contencioso-administrativo número 03/0009451/1998, interposto por Juan José Llerena Orgaz contra a Orde do 22 de setembro de 1998, da Consellería de Economía e Facenda, aprobatoria do deslindamento parcial do dominio público afecto ás obras do camiño e canle de regadío da marxe esquerda do río Ulla, na zona de Carreiras-Pontecesures (Pontevedra) (DOG nº 198, do 13 de outubro).
En consecuencia, esta secretaría, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, acorda remiti-lo citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e se emprazan para que poidan comparecer en autos no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 1998.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda
11467