Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 17 de decembro de 1998 Páx. 13.467

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de decembro de 1998 pola que se clasifica como mixta a Fundación Castro-Rial.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Castro-Rial, con domicilio en Cee (A Coruña).

Supostos de feito.

1. María Carmen Furelos Gaiteiro, na súa calidade de vocal da fundación, en escrito do 19 de novembro de 1998, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Corcubión, o día 6 de outubro de 1998, ante a notaria María Isabel Fitera García, co número oitocentos dez do seu protocolo por Marcelo Castro-Rial Canosa, Manuel Vázquez Formoso, María del Carmen Furelos Gaiteiro, Isidro Caamaño Trillo, Marcelo Castro-Rial Schuler e Enrique José Castro-Rial Schuler, interveñen todos no seu propio nome, facéndoo ademais Marcelo Castro-Rial Canosa en nome e representación de Perfecto Castro-Rial Schuler.

3. Segundo consta no artigo seis dos estatutos, o obxecto da fundación é, entre outros, a docencia en niveis infantil, primaria, secundaria, así como formación profesional e tecnolóxica.

4. O padroado da fundación estará constituído por Marcelo Castro-Rial Canosa como presidente, Manuel Vázquez Formoso como vicepresidente, Marcelo Castro-Rial Schuler como secretario, Enrique Castro-Rial Schuler como tesoureiro e Perfecto Castro-Rial Schuler, María del Carmen Furelos Gaiteiro e Isidro Caamaño Trillo como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como mixta da Fundación Castro-Rial, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como mixta e a súa adscrición á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do

protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día nove de decembro de mil novecentos noventa e oito.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como mixta a Fundación Castro-Rial e adscribila á Consellería da Presidencia e Administración Pública que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

11182