Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 17 de decembro de 1998 Páx. 13.465

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 359/1998, do 4 de decembro, polo que se lle recoñece a galeguidade á agrupación de sociedades representativas de concellos e parroquias de Galicia na Habana-Cuba.

En virtude do establecido no artigo 3, parágrafo 2 do Decreto 3/1987, do 8 de xaneiro, publicado no DOG nº 12, que desenvolve regulamentariamente a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, e nos termos que figuran nela, de acordo co informe favorable da Secretaría Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de decembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-Recoñéceselle a galeguidade á agrupación de sociedades representativas de concellos e parroquias de Galicia na Habana-Cuba, integrada no seu conxunto por todas aquelas que figuran relacionadas no anexo ó presente decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catro de decembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

1. Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Cospeito.

2. Sociedad Aurora de As Somozas.

3. Unión Barcalesa.

4. Sociedad Chantada, Carballedo y sus comarcas.

5. La Unión Mañonesa.

6. Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Abadín.

7. Unión de Baleira.

8. Club Chantada y su partido.

9. Sociedad Progreso de Coles.

10. Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Cedeira.

11. Sociedad de San Claudio.

12. Sociedad Hijos de Lourenzá.

13. Sociedad Juventud de Baleira y su comarca.

14. Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Agolada.

15. Hijos del Ayuntamiento de A Pastoriza.

16. Sociedad Roupar y Lousada.

17. Unión Trivesa.

18. Sociedad Emigrados de Riotorto.

19. Sociedad Hijos del Distrito de Sarria.

20. Sociedad el Valle de Lemos.

21. Círculo Habanero Naturales de A Devesa.

22. Unión Mugardesa.

23. Unión Vilalbesa y su comarca.

24. Sociedad Pontedeume y su partido judicial.

25. Sociedad Naturales de Galicia.

26. Sociedad Hijos del Ayuntamiento de A Capela.

27. Agrupación Valdeorras y Viana.

28. Sociedad O Valadouro.

29. Sociedad Ferrol y su comarca.

30. Sociedad Meira y Pol.

31. Liga Santabaiesa, San Simón y Samariego.

32. Sociedad Hijos del Partido de Corcubión.

33. Sociedad Progreso de Lanzós.

34. Sociedad Taboada, Chantada y Portomarín.

35. Sociedad Hijos del Valle de Ulla y su comarca.

36. Sociedad Partido Judicial de Arzúa.

37. Sociedad Club Navia de Suarna.

38. Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Buxán.

39. Sociedad Hijos del Ayuntamiento de A Estrada.

40. Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Cerdido.

41. Unión Orensana de La Habana.

42. Sociedad de Calo y Viduído.

11214