Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cambre, na súa sesión con data do 29 de outubro de 1998, acordou aprobar definitivamente o proxecto de modificación do plan especial de reforma interior da unidade de execución número 25 das normas subsidiarias municipais, promovido por Casas, 33, S.L. e elaborado polos arqui

tectos Antonio I. González Gil e Marcial Mosquera Lorenzo.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra este acuerdo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte á última publicación deste acto, segundo o establecido no artigo 58.3º da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, o que se deberá comunicar previamente a este concello, segundo o establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cambre, 17 de novembro de 1998.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

10721