Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 29 de outubro de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, consistentes en ordenar volumes e reaxustar aliñacións na unidade de actuación nº 31 (UA-31) situada no Petón, Meicende, promovido por José Rodríguez Vázquez e redactado polo arquitecto Alberto Peris Caminero, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as personas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas en la Avenida do Balneario, 10-1º, Arteixo, e presentando as alegacións que consideren convenientes. (Expediente 37/98. PED).

Arteixo, 13 de novembro de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

10706