Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.354

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 354/1998, do 27 de novembro, polo que se acepta a cesión a título gratuíto á Comunidade Autónoma de Galicia dun terreo de 3.150 m, situado na avenida Alfonso Molina de Santa Comba (A Coruña), para centro público de educación secundaria.

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Santa Comba, reunido en sesións celebradas o 16 de febreiro e 26 de xuño de 1998, acordou ceder á Comunidade Autónoma de Galicia un terreo dunha superficie de 3.150 m, situado na intersección da Avda. Alfonso Molina coa rúa Rosalía de Castro, termo municipal de Santa Comba (A Coruña), para centro público de educación secundaria.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor global dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles sobrepase o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos que acordou o Concello de Santa Comba para esta cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de novembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta do terreo situado na Avda. Alfonso Molina, no Concello de Santa Comba (A Coruña), que a seguir se describe:

Parcela de 3.150 m de superficie, no termo municipal de Santa Comba (A Coruña), pertencente ó Concello de Santa Comba. Linda: norte, estrada de Santiago de Compostela a Camariñas (Avda. Alfonso

Molina-Santa Comba), nunha lonxitude de 65 m; sur, nunha lonxitude de 63 m, resto do predio matriz denominado Mendozo, hoxe Instituto de Educación Secundaria e Formación Profesional de Santa Comba; leste, nunha lonxitude de 49 m, resto do predio matriz, hoxe Instituto de Educación Secundaria e Formación Profesional de Santa Comba; e oeste, nunha lonxitude de 46 m, resto do predio matriz, hoxe rúa Rosalía de Castro. Este predio segregarase do seu matriz denominado Mendozo, dunha hectárea de extensión, inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira, no tomo 417, libro 84, folio 237, predio nº 7.527, a favor do Concello de Santa Comba.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase a centro público de educación secundaria.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e a inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, vintesete de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

10939