Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.353

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de decembro de 1998 pola que se conceden o Premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social e o Premio para Investigadores Mozos (área de ciencias sociais), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 1998.

Pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 5 de setembro de 1998 (DOG do 17 de setembro), convocáronse o Premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social e o Premio para Investigadores Mozos (área de ciencias sociais), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 1998.

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a decisión adoptada polo xurado debe darse a coñecer mediante a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, e tendo en conta a proposta elaborada polo xurado,

RESOLVO:

Primeiro.-Concede-lo Premio Eugenio Montero Ríos de Investigación Social a Carlos Fernández-Novoa Rodríguez.

Segundo.-Concede-lo Premio para Investigadores Mozos (área de ciencias sociais) a Estrella Romero Triñanes.

A presente orde pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

11190