Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

Formulado por Arteplán, S.A., o avance do planeamento do proxecto de adaptación das normas subsidiarias municipais do Concello de Boiro a plan xeral de ordenación municipal, e sometido a coñecemento do Pleno en sesión do 12 de novembro, de conformidade co disposto no artigo 45.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que consideren conveniente e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que coiden procedentes.

Boiro, 16 de novembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

11217