Obra: reforma da cuberta no Hospital Xeral de Calde en Lugo.
Orzamento da contrata: 28.646.278 ptas.
Prazo de execución: 3 meses.
Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría d.
Garantía definitiva: 1.145.851 ptas.
Forma de tramitación: urxente.
Variantes ó proxecto: non se admiten.
Exposición de proxectos: os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na División de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Segas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.
Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.
Prazo de presentación de proposicións:
Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deberán presenta-los licitadores:
No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas.
No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas polas que se rexe a adxudicación do contrato.
No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.
Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.
Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.
No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1998.
P.D.(Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos
10674