Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 20 de novembro de 1998 pola que se declara extinguida a concesión administrativa de granxa mariña sita en Reventón, Beluso, Bueu, titularidade de Rodaballos de Beluso, S.A.

Visto o expediente de caducidade instruído á licencia e concesión administrativa da granxa mariña sita en Reventón, Beluso, Bueu (Pontevedra) da que é titular Rodaballos de Beluso, S.A.

Resultando que con data do 19-1-1998 foi ordenado pola Delegación Territorial da Consellería de

Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Vigo o inicio do expediente de caducidade da antedita licencia e concesión por incumpri-las normas que regulan o título habilitante, polo cesamento da actividade de cultivo por un período superior ós dous anos e o vencemento do prazo establecido para a posta en explotación, sen causa de forza maior.

Resultando que o acordo do inicio do expediente de caducidade e o nomeamento de instructor e secretario do dito expediente foi remitido ó interesado con data 30-1-1998, e non se realizaron alegacións ó respecto.

Resultando que a proposta de resolución lle foi remitida ó interesado o 26-3-1998, e que tampouco formularon alegacións dentro do prazo establecido para iso.

Considerando que segundo informe do 10-7-1996, dos inspectores da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, o establecemento non se encontraba en explotación, encontrándose que non hai ningunha construcción, estando en venda a parcela sendo esta a causa de caducidade considerada no artigo 72 a) e d) da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG do 31 de maio).

Vista a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; o Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1998, do 28 de xullo, de costas; Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e demais disposicións de pertinente aplicación.

Esta consellería, á vista da proposta de resolución emitida polo instructor do expediente, acorda no exercicio das súas atribucións e competencias, extingui-la licencia e concesión administrativa da granxa mariña titularidade de Rodaballos de Beluso, S.A., que ten as seguintes características:

Establecemento: granxa mariña.

Especie: rodaballo.

Situación: ría de Aldán, Reventón, Beluso, Bueu (Pontevedra).

Superficie:

Nave: 20,70 x 12,80= 265 m.

Edificio: 14,30 x 06,00= 86 m.

Casetas G.E. e cadros: 07,00 x 03,00= 21 m.

Total: 372 m.

Nº unidades tanquesSuperficie útil total

8 20,35

10119,30

24843,60

Total: 983,22 m.

Ocupación de dominio público Z.M.T. para toma e desaugamento de auga do mar:

Toma de auga do mar: 46,00 x 01,50= 69 m.

Desaugamento: 23,00 x 00,70= 16 m.

Total: 85 m.

Orde de outorgamento: 11-9-1990 (DOG nº 200, do 10 de outubro).

Fin da vixencia: 10-10-2000.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

10611