Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.299

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector das manufacturas e comercio do vidro plano.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de manufacturas e comercio de vidro plano, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-11-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Manufactuas y Comerico de Vidrio Plano, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT y CIG, o 26-10-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundidio da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 19 de novembro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o sector de manufacturas e comercio de vidro plano

Pontevedra

Capítulo I

Condicións xerais

Artigo 1º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes do presente convenio a Confederación Intersidincal Galega (CIG), a Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CC.OO.) en representación dos traballadores, e a Asociación Provincial de Empresarios de Manufacturas e Comercio de Vidro Plano, en representación dos empresarios do sector.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará, desde a data da súa entrada en vigor, as relacións económicas e laborais entre as empresas e traballadores encadrados no sector de manufacturas e comercio de vidro plano, que non teñan convenio colectivo de empresa.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

Comprenderá aquelas empresas aludidas no artigo anterior que teñan centro de traballo na provincia de Pontevedra, ou as que se establezan durante a vixencia do presente convenio.

Artigo 4º.-Ámbito personal.

Afectará a todo o persoal administrativo, subalterno e obreiro que preste servicios nas empresas citadas, coa única exclusión do persoal superior a que fai referencia o Estatuto dos traballadores no seu apartado C, artigo 1.

Artigo 5º.-Vixencia e duración.

A duración do convenio será de 3 anos, contados a partir do 1-1-1997 e os seus efectos rematarán o 31 de decembro de 1999.

Entrará en vigor ós dez días do seu asinamento, se ben os efectos económicos da táboa salarial anexa e plus de transporte se retrotraerán ó 1 de xaneiro de 1997.

En consecuencia, as restantes cláusulas, incluído o artigo 15º sobre axudas de custos, serán de aplicación desde a entrada en vigor do convenio, e dicir, a paritr dos dez días do seu asinamento.

Entenderase prorrogado por períodos anuais, se non media denuncia das partes con tres meses, polo menos, ó termo da súa vixencia. A dita denuncia deberá facerse por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó convenio viñese desfrutando de condicións máis beneficiosas que as aquí pactadas deberá conservalas.

Artigo 7º.-Recibos de salarios.

As empresas farán constar no recibo de salarios o total das retribucións que percibirá o traballador.

Capítulo II

Condicións laborais

Artigo 8º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de corenta horas efectivas de traballo en cómputo semanal e en xornada partida.

Durante os meses de xullo e agosto realizarase xornada continuada. Non obstante o anterior, o despacho ó púbico permanecerá aberto durante as tardes destes dous meses de xullo e agosto, de dezaseis a dezanove horas, para o cal se establecerán as quendas correspondentes.

Artigo 9º.-Vacacións.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán de 30 días naturais de vacacións entre os meses de maio a outubro, ámbolos dous inclusive.

Artigo 10º.-Pezas de roupa de traballo.

As empresas dotarán o seu persoal das adecuadas pezas de roupa de traballo. O persoal recibirá dúas fundas por ano, ou peza de roupa similar. A primeira funda será entregada o 1 de xaneiro de cada ano e a outra o 1 de xullo; é obrigatorio o seu uso para o persoal ó que se lle entreguen as ditas pezas de roupa de traballo.

Artigo 11º.-Retribucións.

O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, rexerase polas táboas salariais anexas.

Artigo 12º.-Antigüidade.

O persoal afectado por este convenio percibirá a contía dos premios de antigüedade, por esta orde: dous bienios do cinco por cento cada un e sucesivos quinquenios do dez por cento, calculados todos eles sobre o salario mínimo interprofesional vixente en cada momento.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio colectivo percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes ós meses de xullo e decembro (Nadal), polo importe dunha mensualidade cada unha delas, incre

mentadas cos premios de antigüidade, se é co caso.

Estas pagas serán aboadas cunha anterioridade de tres días á data que correspondan.

Artigo 14º.-Paga de beneficios.

As empresas aboaranlles ós seus traballadores unha paga extra anual, denominada de beneficios, cunha contía que será o resultado de calcula-lo oito por cento denha base integrada por unha mensualidade do salario mínimo enterprofesional vixente o 31 de decembro de cada ano, maila antigüidade correspondente, e multiplicado por doce meses. A dita paga extra deberá serlles aboada ós traballadores durante o primeiro trmestre do ano seguinte.

Para estes efectos, non se computará o tempo de baixa e absentismo laboral; neste caso deducirase a parte de paga proporcional ó tempo non traballado.

Artigo15º.-Axudas de custo.

O importe das axudas de custos será o seguinte:

Ano 98Ano 99

Axuda de custo completa,

pasando a noite4.890 ptas.4.993 ptas.

Axuda de custo completa,

sen pasa-la noite2.794 ptas.2.853 ptas.

Media axuda de custo1.536 ptas.1.568 ptas.

As cantidades fixadas polo concepto de axudas de custo serán de aplicación, segundo o disposto no artigo 5º, a partir da entrada en vigor do convenio, ós dez días do seu asinamento.

Artigo 16º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte, que será aboado por día efectivo de traballo, nas contías seguintes:

Do 1-1-1997 ó 31-12-1997: 399 ptas.

Do 1-1-1998 ó 31-12-1998: 409 ptas.

Do 1-1-1999 ó 31-12-1999: 418 ptas.

O dito plus non terá a consideración de salario para ningún efecto, e non se computará, por conseguinte, no aboamento de gratificacións extrordinarias, vacacións, antigüidade, etc...

Artigo 17º.-Táboa de rendementos.

As partes acordan estudiar unha táboa de rendementos mínimos durante a vixencia do presente convenio, para implatala nas empresas e para tal efecto nomearase unha comisión para este asunto. Para iso os traballadores poderán ser asistidos por un técnico na materia para face-la dita táboa, que será elixido por eles.

Artigo 18º.-Festividade do padroeiro.

Acórdase considerar como festivo e aboable para tódolos efectos a tarde correspondente á festividade do padroeiro (San Miguel), que coincide co 29 de setembro.

Artigo 19º.-Noiteboa e Ano Vello.

Os traballadores afectados por este convenio terán derito a desfrutar de descanso nas tardes dos días 24 e 31 de decembro.

Artigo 20º.-Xubilación.

As empresas e traballadores poderán pactar, logo de existencia de común acordo por ámbals partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo; as empresas deberán substituílos simultaneamente ó seú censamento por xubilación, por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto.

Artigo 21º.-Recoñecemento médico.

Recoméndaselles ós empresarios que, voluntariamente e logo de acordo cos seus traballadores, desexen que estes sexan sometidos a un recoñecemento médico anualmente, soliciten a información pertinente no Gabinete de Seguridade e Hixiene de Rande.

Artigo 22º.-Comisión paritaria.

As partes acordan nomear unha comisión paritaria composta por unha representación dos traballadores e outra empresarial, cun número que se fixará no seu momento, para a interpretación das cláusulas do convenio.

Artigo 23º.-Lexislación paritaria.

En todo aquelo que non quede determinado especialmente neste convenio, serán de aplicación as normas establecidas na lexislación xeral.

Disposición adicional

Para facilitarlles ás empresas o pagamento dos atrasos derivados da aplicación retroactiva dos salarios e plus de transporte, establecidos para a vixencia do convenio, as partes asinantes del acordan que o 50% das diferencias resultantes se aboen durante o mes seguinte á entrada en vigor do convenio, e o 50% restante durante o segundo mes seguinte á súa entrada en vigor.

Vigo, 26 de outubro de 1998.

Categorías profesionaisSalario mes

Do 1-1-97

ó 31-12-97

Salario mes

Do 1-1-98

ó 31-12-98

Salario mes

Do 1-1-99

ó 31-12-99

Administrativos e subalternos

Oficial de 1ª102.165104.719106.918

Oficial de 2ª94.17096.52498.551

Auxiliares89.06891.29593.212

Traballadores en formación laboral:

Por 30 horas semanais efectivas (R.D. 488/1998)

62.59364.15865.505

Categorías profesionaisSalario mes

Do 1-1-97

ó 31-12-97

Salario mes

Do 1-1-98

ó 31-12-98

Salario mes

Do 1-1-99

ó 31-12-99

Vixilantes81.69583.73785.495

Personal obreiro

Oficial de 1ª94.13996.49298.518

Oficial de 2ª89.06891.29593.212

Oficial de 3ª81.69583.73785.495

Peón especialista79.61181.60183.315

Traballadores en formación laboral:

Por 30 horas semanais efectivas (R.D. 488/1998)

62.59364.15865.505

Peón ordinario77.40279.33781.003

11215