Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Verducedo II.
Situación: concello de Moaña.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kVA, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, de 61 m de lonxitude, desde o apoio 24 da L.M.T. CAG 806 ata o C.T. proxectado, concello de Moaña. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV/380-220 V. R.B.T. aérea, de 202 m de lonxitude, sobre apoios de formigón, con conductor tipo R.Z. e R.B.T. subterránea, con conductor tipo R.V., de 21 m de lonxitude, os dous con orixe no C.T. proxectado.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 16 de outubro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
10514