Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 11 de decembro de 1998 Páx. 13.283

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/248-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Camballón-Toiriz.

Situación: concello de Vila de Cruces.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea forrada, a 20 kV, con conductor PAS 50, sobre apoios de formigón, de 1.094 m de lonxitude, desde o apoio s/n da L.M.T. Cruces ata o apoio 9 proxectado. L.M.T. aérea núa, a 20 kV, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, de 1.073 m de lonxitude, desde o apoio 9 da L.M.T. Camballon-Toiriz ata o apoio s/n existente, no concello de Vila de Cruces.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 16 de outubro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

10512