Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 11 de decembro de 1998 Páx. 13.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da planta de coxeración que se cita. (Expediente 98/623 RCI 19.034).

Para os efectos previstos no Deccreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información púbica a solicitude da empresa Cotizo, Pieles y Curtidos, S.A., con enderezo social no lugar da Matanza, no concello de Padrón (A Coruña), para a autorización

administrativa da instalación que se vai realizar na empresa situada no enderezo anterior:

-Planta de coxeración composta basicamente polos seguintes elementos:

-2 motores de combustión interna, cunha potencia mecánica unitaria de 5.445 kW, alimentados por gasóleo/fuel.

-2 xeradores síncronos trifásicos de 6.375 kVA C/U, de potencia nominal e tensión de xeración 6 kV.

-2 transformadores elevadores, cada un de 6,5 MVA e relación de transformación 6/20 kV. Un transformador reductor para servicios auxiliares.

-Instalacións complementarias de aproveitamento de calor/frío, de almacenamento de combustible, de interconexión en MT coa compañía eléctrica distribuidora e de regulación, control e protección.

Lugar onde se vai establece-la instalación: factoría da empresa na Matanza-Padrón (A Coruña).

Orzamento: 292.644.800 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 2 de setembro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

10516