Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 11 de decembro de 1998 Páx. 13.280

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución, do parque eólico denominado Monte da Serra. (Expediente 97/6-1).

Examinado o expediente instruído a instancias de Energías Ambientales, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en r/José Luís Bugallal Marchesi, 10 1º Esq. 15008 A Coruña, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Monte da Serra; esta dirección xeral ten en conta os seguintes

Feitos

Primeiro.-O día 27 de febreiro de 1997 Leopoldo Iglesia Lachica, en nome e representación de Energías Ambientales, S.A., solicitou a autorización administrativa das instalacións, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e reco

ñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Monte da Serra de 15 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovable e Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O 30 de xuño de 1998, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, que ten as seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

Monte da SerraAs SomozasX (Lonxitude)Y (Latitude)

0.588.0004.821.800

0.589.2504.820.840

0.589.0104.820.490

0.590.1804.819.640

0.589.9704.818.460

0.587.0004.821.000

Nº de aeroxeradores: 25.

Potencia unitaria por aeroxerador: 600 KW.

Potencia total instalada: 15 MW.

Altura das torres: 37 m.

Diámetro das pas: 38 m.

Producción estimada: 37.500 MWh/ano.

Investimento previsto: 2.057.800.000 ptas.

Terceiro.-O 27 de febreiro de 1998, a Dirección Xeral de Avaliación e Calidade Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Cuarto.-O 14 de novembro de 1997, Energías Ambientales, S.A., como titular do plan eólico denominado Pee Ecotecnia-Gea, solicitou o recoñecemento como instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica, ó abeiro do previsto no Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, para determinados parques que se implantarán como consecuencia do desenvolvemento do citado plan eólico.

Quinto.-O 16 de novembro de 1997, esta dirección xeral, resolveu recoñece-la condición de instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica a determinados parques eólicos que se van implantar como consecuencia do desenvolvemento do Plan Eólico Estratéxico denominado Pee Ecotecnia-Gea, entre os que figura o parque eólico de Monte da Serra.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Real decreto 2.563/1982, do 24 de xullo; no Decreto

132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e o Decreto 205/1995, xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites regulamentarios para a autorización da instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Monte da Serra e a aprobación do seu proxecto de execución, pero non para a declaración de utilidade pública das citadas instalacións, pois a empresa solicitante non cumpriu co trámite previsto para o efecto no artigo 52 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de aplicación a este expediente segundo o disposto na disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

1. Autorizarlle a Energías Ambientales, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Monte da Serra, que se vai situar no concello das Somozas.

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación que se autoriza.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Energías Ambientales, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado a partir do o outorgamento da presente autorización, unha fianza por importe de 41.156.000 pesetas, conforme o disposto no artigo 14 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11, número 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e voltarase unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, cun orzamento de 2.057.800.000 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio na Coruña, poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debéndolle comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Energías Ambientales, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-A empresa, como requisito necesario para a aplicación ás instalacións que se autorizan do réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), no prazo de 2 meses, contados a partir da data da acta de posta en marcha da instalación.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento das condicións impostas nesta resolución, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

8389