Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 11 de decembro de 1998 Páx. 13.276

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 3 de decembro de 1998, dos tribunais designados para xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo A) escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo pesqueiros, polo que se fan públicas as puntuacións obtidas na fase de concurso.

En sesión conxunta celebrada o día 19 de novembro polos tribunais nº 1, 2, 3 e 4 designados para xulga-lo proceso selectivo supracitado convocado por Orde do 26 de agosto de 1997 (DOG nº 148, do 14 de outubro) y de conformidade co disposto na base II.1.4. da convocatoria se acordou:

1. Publica-las puntuacións obtidas na fase de concurso expostas nos taboleiros de anuncio da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, nos Servicios Centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e nos das súas delegacións territoriais.

2. Outorgar un prazo de 10 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan formular ante os correspondentes tribunais, con sede na Dirección Xeral de Función Pública, edificios administrativos San Caetano, s/n Santiago de Compostela, as reclamacións que se estimen oportunas.

Para efectos de información o teléfono de contacto é 902 12 00 12, en horario de 9 a 19 horas, de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo infórmanse os aspirantes que as puntuacións correspondentes ós distintos exercicios, con excepción dos correspondentes ó 2º exercicio, se publicarán, sen previo anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos lugares sinalados no apartado 2 do presente anuncio e no lugar de celebración do correspondente exercicio podendo obterse información no teléfono de contacto sinalado.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1998.

Enrique Álvarez Romero

Presidente do tribunal número un

11071