Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 11 de decembro de 1998 Páx. 13.275

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgarán os procesos selectivos para o ingreso nos corpos superior de Administración, de xestión de Administración, administrativo e subalterno da Xunta de Galicia e se fixa o reparto de aspirantes entre eles, así como os lugares, a data e a hora de celebración dos primeiros exercicios das correspondentes fases da oposición.

Convocados procesos selectivos para o ingreso nos corpos superior de Administración, de xestión de Administración, administrativo e subalterno da Xunta de Galicia polas ordes do 30 de decembro de 1997 (DOG números 10, 11, 12 e 13 do 16, 19, 20 e 21 de xaneiro de 1998), de conformidade coas bases III.9 e III.10 das respectivas convocatorias, corresponde ós tribunais número 1 fixa-los lugares, a data e a hora de celebración dos primeiros exercicios da fase de oposición.

Constituídos os tribunais en sesión conxunta e acordados os ditos puntos, en xuntanzas celebradas o día 9 de decembro de 1998, esta dirección xeral resolve facer públicos os acordos dos tribunais nº 1 dos respectivos corpos de Administración xeral, sobre o reparto dos aspirantes entre os tribunais asi como os lugares, as datas e a hora de celebración dos primeiros exercicios:

Grupo A: corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Tribunal nº 1.

Xulgará os exercicios de tódolos aspirantes correspondentes ó sistema de promoción interna, asi como os do sistema de acceso libre con apelidos desde Hernández Escobar, Ana ata Souto García, Germán.

Tribunal nº 2.

Xulgará os exercicios de tódolos aspirantes correspondentes ó sistema de acceso libre con apelidos dende Suárez Martínez, José a Gutiérrez Tosar, Mª Jesús.

O exercicio celebrarase o día 18 de decembro de 1998 ás 10 horas no Mercado de Gando de Amio (nave A) en Santiago de Compostela.

Tódolos aspirantes deberán comparecer no lugar indicado media hora antes da sinalada para o comezo

do exercicio, provistos de DNI, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Grupo B: corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia.

Tribunal B1.

Xulgará os exercicios de tódolos aspirantes correspondentes ós sistemas de promoción interna e acceso libre.

O exercicio celebrarase o día 21 de decembro de 1998 na Escola Galega de Administración Pública ás 17.30 horas.

Tódolos aspirantes deberán comparecer no lugar indicado unha hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos de DNI, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Grupo C: corpo administrativo da Xunta de Galicia.

Tribunal nº 1.

Xulgará os exercicios de tódolos aspirantes correspondentes ó sistema de promoción interna. Así mesmo xulgará os exercicios dos aspirantes do sistema de acceso libre con apelidos desde Haro Fernández, Ana Mª de, a Prado Lence, Luisa.

Tribunal nº 2.

Xulgará os exercicios dos aspirantes do sistema de acceso libre con apelidos dende Precedo Castro, Mª Angustias a Bermúdez Seijas, Gema.

Tribunal nº 3.

Xulgará os exercicios dos aspirantes do sistema de acceso libre con apelidos desde Besada Pérez, Mª Dolores a Gutiérrez Tosar, Mª Jesús.

O exercicio celebrarase o día 19 de decembro de 1998 ás 18 horas no Mercado de Gando de Amio de Santiago de Compostela.

Tódolos aspirantes deberán comparecer no lugar indicado unha hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos de DNI, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Grupo E: corpo subalterno da Xunta de Galicia.

Tribunal nº 1.

Xulgará ós aspirantes correspondentes ó sistema de acceso libre con apelidos desde Hamer Twilt, Elisabeth Margareth a Rivas Sieira, Gumersindo.

Tribunal nº 2.

Xulgará os aspiranrtes correspondentes ó sistema de acceso libre con apelidos dende Riveira García, Guadalupe a Busto Pombo, José Antonio.

Tribunal nº 3.

Xulgará os aspirantes correspondentes ó sistema de acceso libre con apelidos desde Caamaño Cancela, Teresa a Gutiérrez Serantes, Manuel.

O exercicio celebrarase o día 20 de decembro de 1998 ás 17.30 horas no Mercado de Gando de Amio en Santiago de Compostela.

Tódolos aspirantes deberán comparecer no lugar indicado unha hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos de DNI, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horario de luns a venres de 9 a 19 horas e de 9 a 14 horas os sábados.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

11188