Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 10 de decembro de 1998 Páx. 13.215

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se aproban e se anuncia a exposición pública das listas definitivas dos integrantes da bolsa de traballo de funcionarios interinos para cubrir prazas vacantes nos corpos de médicos forenses, oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma galega.

Unha vez resoltas as reclamacións presentadas á lista provisional dos aspirantes a integra-las listas de funcionarios interinos para cubrir prazas vacantes nos corpos de médicos forenses, oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma galega, convocada por orde da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 31 de xullo de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 154, do 11 de agosto), apróbanse e anúnciase a exposición pública das listas definitivas nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, no Servicio de Xerencia, Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, audiencias provinciais e nos decanatos das localidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1998.

José-Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local

10973