Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 10 de decembro de 1998 Páx. 13.215

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1998, dos tribunais números 1, 2, 3, 4 e 5 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo auxiliar da Administración da Xunta de Galicia (grupo D) convocado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de decembro de 1997 (DOG do 20 de xaneiro de 1998), pola que se fixa a data, a hora e o lugar da celebración da segunda proba (test) do primeiro exercicio de dito proceso selectivo.

Na sesión conxunta celebrada o día 2 do mes en curso, polos tribunais números 1, 2, 3, 4 e 5 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D) mediante orde da Conselllería da Presidencia e Administración Pública do 30 de decembro de 1997 (DOG do 20 de xaneiro de 1998), e de conformidade coas bases da convocatoria acordouse:

1. Celebra-la segunda proba do primeiro exercicio da fase de oposición o día 20 de decembro de 1998 ás 12.00 horas no Mercado de Gando de Amio, en Santiago de Compostela.

Tódolos aspirantes deberán comparecer no lugar indicado unha hora antes da sinalada para o comezo da proba, provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, así como lapis e goma de borrar, de conformidade co establecido na base II.2.2 da convocatoria.

2. Que se publique o presente acordo no Diario Oficial de Galicia.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1998.

Javier Batán Rodríguez

Presidente do tribunal número 1

11204