Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 10 de decembro de 1998 Páx. 13.210

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Litografía La Artística Carnaud, S.A. (Artiscar).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Litografía La Artística Carnaud, S.A. (Artiscar), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-11-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 22-7-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido

da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 16 de novembro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Litografía La Artística Carnaud, S.A., anos 1998 e 1999

Artigo 1º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes deste convenio colectivo o comité de empresa, en representación do persoal, e a representación empresarial pola parte económica.

Artigo 2º.-Ámbito.

O convenio concértase entre a representación da empresa e o comité, que representan o persoal daquela, e será de aplicación a todo o persoal que presta servicios na empresa Artiscar, coa única exclusión do persoal superior a que fai referencia o artigo 3-1-k da Lei de relacións laborais.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio terá unha vixencia de dous anos, quere dicir, do 1-1-1998 ó 31-12-1999, calquera que for a data da súa sinatura ou publicación no BOP, para os efectos económicos retrotraeranse, en todo caso, ata o 1 de xaneiro de 1998.

O convenio prorrogarase por un ano máis, salvo denuncia dalgunha das partes cun mes de anticipación á fin da súa vixencia.

Denunciado o convenio, subsistirán os seus preceptos ata a entrada en vigor do que o substitúa.

Artigo 4º.-Normas supletorias.

Para todo o non previsto neste convenio, observarase as leis vixentes.

Artigo 5º.-Dereitos adquiridos.

As melloras económicas e sociais establecidas neste convenio recoñécense como mínimas e non poderán ser absorbidas nin compensadas por melloras voluntarias anteriores. Respectaranse os dereitos adquiridos e as condicións máis beneficiosas que puidesen existir na empresa.

Artigo 6º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 1.736 horas efectivas de traballo en cómputo anual para 1998 e 1999.

Artigo 7º.-Vacacións.

As vacacións anuais para todo o persoal serán de 30 días naturais. A data de vacacións anunciaráselles con dous meses de anticipación a tódolos traballadores, de acordo co comité de empresa.

Artigo 8º.-Salario.

Na táboa anexa figura o salario que rexerá para o ano 1998.

No caso de o índice de prezos de consumo (IPC) establecido polo INE rexistrar, no 31 de decembro

de 1998, un incremento respecto do primeiro de xaneiro do mesmo ano superior ó 2,8%, e tan axiña como se constate oficialmente a dita circunstancia, efecturase unha revisión salarial. Esta revisión, no caso de que haxa que a facer efectiva, serao a partir do 1 de xaneiro de 1999 e consistirá na aplicación do exceso sobre o citado tanto por cento ás táboas salariais do ano 1997.

Para o ano 1999 o incremento salarial será o IPC previsto para 1999 máis o seu 25%.

Artigo 9º.-Antigüidade.

Os traballadores que teñan a condición de fixos do cadro de persoal na data en que se asinar este convenio, conservarán o dereito adquirido a continuar devengando e percibindo incrementos por antigüidade a razón de trienios do 3% sobre o salario base, ata un máximo de dez trienios, tal e como se recoñecía en anteriores convenios.

Os traballadores que non se encontren comprendidos no previsto no parágrafo anterior unicamente terán dereito a percibir por este concepto, a partir do momento en que cumpran os tres primeiros anos de permanencia na empresa, unha cantidade fixa adicional e igual para tódolos que se acharen nestas circunstancias, de dez mil pesetas en cada unha das dúas gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal.

Artigo 10º.-Plus de asistencia e puntualidade.

A empresa aboará unha gratificación de asistencia e puntualidade, consistente nun 10% sobre o salario base convenio máis antigüidade. A gratificación computarase por períodos semanais, e terá dereito a ela o persoal que no cometese máis dunha falta de asistencia ou puntualidade no dito período. Existe unha tolerancia de tres minutos para efectos de puntualidade. Tamén se percibirá en vacacións, consultas médicas e licencias.

Artigo 11º.-Traslado.

O persoal procedente do anterior centro de traballo (Coia) percibirá en concepto de compensación por traslado unha gratificación do 3,4% sobre o salario base máis antigüidade.

Artigo 12º.-Plus de transporte.

Manterase na contía e condicións de 1997.

Artigo 13º.-Nocturnidade.

Establécese un plus de nocturnidade como complemento de posto de traballo para os traballadores que presten os seus servicios na quenda de noite, consistente nun 13% sobre o salario base que corresponda en cada caso e por noite efectivamente traballada. Para todas aquelas persoas que, estando fixas na quenda de día, pasen á quenda de noite, será de común acordo.

Artigo 14º.-Pagas extraordinarias e de beneficios.

Os traballadores percibirán unha gratificación de beneficios do 10% sobre os salarios base previstos

neste convenio, incrementados con antigüidade, as dúas pagas extraordinarias e o 3,4% nos casos en que proceda, na forma e nas condicións previstas, que se aboará no mes de marzo entre o 5 e o 20.

Os traballadores percibirán unha gratificación de trinta días de salario base máis antigüidade, 3,4% nos casos que proceda, puntualidade e parte correspondente á media da prima, valorada en 6.168 ptas. en cada un dos meses de xullo e decembro, facéndose efectivas entre os días 15 e 20 dos meses correspondentes.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

Tenderase á suspensión de horas extraordinarias habituais. Realizaranse as que veñan esixidas para reparar sinistros e danos. Manteranse as necesarias nos ciclos de producción punta ou por necesidades de realizar pedidos imprevistos, sempre que non sexa posible a contratación de persoal eventual, e respectando a liberdade do traballador.

O importe das horas extraordinarias será o que figura na táboa anexa.

Artigo 16º.-Axuda escolar.

Tódolos traballadores terán dereito a percibir por cada fillo estudiante, logo de xustificación, a cantidade de 1.336 ptas. mensuais. A axuda escolar percibirase desde os tres ata os 30 anos de idade do fillo estudiante.

Artigo 17º.-Vacantes.

Cando un posto de traballo queda temporalmente vacante nunha das quendas, será cuberto, se for preciso, tendo en conta as dispoñibilidades de persoal. Sempre que sexa posible contratarase, prioritariamente, persoal externo.

As vacantes producidas por xubilación, cesamentos ou falecementos serán cubertas con ingresos de novo persoal dentro das necesidades da empresa, dándose prioridade, en igualdade de condicións, ós fillos das persoas que traballan nesta empresa.

Artigo 18º.-Seguridade e hixiene.

A empresa obrígase ó cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo en materia de aseos, vestiarios, dotación sanitaria, botas, duchas, etc., de conformidade coa ordenanza laboral de seguridade e hixiene vixente.

Artigo 19º.-Revisión médica.

Practicarase unha revisión médica a todo o persoal no primeiro semestre do ano.

Artigo 20º.-Aprendizaxe e servicio militar.

Os anos traballados como aprendiz noutra empresa do mesmo ramo serán computados para efectos de duración de aprendizaxe.

Durante o período de servicio militar obrigatorio a empresa aboaralles ós traballadores as dúas pagas extraordinarias en vigor en cada momento.

Artigo 21º.-Ausencias retribuídas.

O traballador, avisando coa posible anticipación e xustificándoo, poderá faltar ou ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expón:

a) 15 días naturais en caso de casamento.

b) 3 dias naturais cun mínimo de dous laborables en caso de falecemento de fillo, cónxuxe, pais, tanto en grao de consanguinidade como de afinidade.

c) 3 días naturais en caso de falecemento de netos, avós e irmáns, tanto en grao de consanguinidade como de afinidade.

d) 3 días naturais en caso de enfermidade grave, debidamente xustificada, de fillo, cónxuxe, pais, irmáns, avós e netos, tanto en grao de consanguinidade como de afinidade.

e) 3 días naturais, cun mínimo de dous laborables, en caso de nacemento de fillo.

f) 1 día natural en caso de casamento de fillos, pais, irmáns, netos, avós, tanto en grao de consanguinidade como afinidade.

g) 1 día por traslado do domicilio habitual.

h) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

i) Polo tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica.

j) O tempo necesario para o cumprimento de funcións de carácter sindical que non excedan de 40 horas laborables mensualmente.

As alíneas b) e d) terán un incremento de dous días naturais cando ó traballador, por motivo de desprazamento, lle fose necesario.

Artigo 22º.-Categorías.

Os peóns serán promovidos á categoría de especialistas de 1ª como máximo ós 18 meses de antigüidade na empresa. Por conseguinte, a categoría de especialista de 2ª queda eliminada.

Artigo 23º.-Contrato en prácticas.

A retribución do contrato en prácticas será do 75% do salario a partir do sétimo mes e do 100% a partir do décimo terceiro.

Artigo 24º.-Xubilacións.

Os traballadores que cumpran 65 anos durante 1998 e reúnan o período de carencia e demais requisitos para causaren dereito á prestación de xubilación con cargo á Seguridade Social estarán obrigados a se xubilar, por acordo do persoal no dito ano, percibindo como contraprestación, e por unha soa vez, a cantidade de 350.000 ptas. Así mesmo, percibirán este premio todos aqueles traballadores que causen baixa na empresa por enfermidade ou accidente, sempre que leven 5 anos como mínimo nela. Para tal efecto observarase o que resolva a Comisión de Avaliación de Incapacidades do INSS.

Se a xubilación se produce ós 64 anos percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 423.000 ptas. Se a xubilación se produce ós 63 anos percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 453.000 ptas. Se a xubilación se produce ós 62 anos percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 489.000 ptas. Se a xubilación se produce ós 61 anos percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 532.000 ptas. Se a xubilación se produce ós 60 anos percibirase, por unha soa vez, a cantidade de 562.000 ptas.

Tan axiña como entre en vigor algunha normativa legal de obrigado cumprimento relacionada coa xubilación, enténdese que non procede a percepción das antidades anteriormente expresadas.

Artigo 25º.-Roupa de traballo.

A empresa entregará dúas pezas de roupa de traballo ó ano por traballador.

Artigo 26º.-Funcións do comité de empresa.

O comité de empresa terá as seguintes funcións:

a) Vixia-lo cumprimento das normas laborais, de seguridade e hixiene e de Seguridade Social, advertindo a dirección das posibles infraccións e exercendo a posible reclamación.

b) Ser informados dos postos de traballo que a empresa pensa cubrir, así como das condicións dos novos postos.

c) Ser informado das medidas que se poidan adoptar sobre:

-Reestructuración do cadro de persoal.

- Intruducción de novos sistemas de traballo e incentivos (primas, ascensos, etc.).

-De calquera medida disciplinaria, por falta grave ou moi grave, e notificarase a sanción con anticipación ó comité.

-A empresa informará trimestralmente acerca da situación e marcha xeral dela.

-Os contratos de traballo serán coñecidos polo comité.

Artigo 27º.-Garantías e dereitos sindicais.

Ningún traballador poderá ser limitado nas súas garantías sindicais especialmente nos seguintes casos:

-Despedir un traballador, sancionalo, discriminalo ou causarlle calquera tipo de prexuízo por razón da súa afiliación ou polo exercicio dos seus dereitos sindicais.

-Condiciona-lo emprego ou o ascenso pola súa afiliación ou non afiliación a un sindicato.

Artigo 28º.-Seccións sindicais.

As seccións sindicais de empresa terán as seguintes garantías:

a) Nos suposto de medidas disciplinarias contra calquera afiliado, a empresa, xunto ó escrito de san

ción para o interesado, entregará unha copia para a súa sección sindical.

b) As seccións sindicais poderán difundir libremente as publicacións da súa central, cobrar cotas e afiliar, sen máis limitacións que a non obstaculización da producción.

c) As seccións sindicais cunha afiliación do 10% do total do cadro de persoal poderán realizar asembleas fóra de horas de traballo, nos locais da empresa, logo de llo solicitar a esta.

d) As seccións sindicais de empresa que cumpran o 10% disporán para o conxunto dos seus afiliados da ata un máximo de 7 días anuais de licencia non retribuída para asistencia a cursos, congresos, etc. da súa central. A licencia requirirá notificación á empresa cunha semana de anticipación.

e) A empresa estará obrigada a concede-la excedencia, polo tempo necesario, para os traballadores que ocupen un cargo sindical con carácter provincial como mínimo.

f) A empresa, logo de solicitude escrita do traballador, descontará da nómina a cota sindical.

Artigo 29º.-Incapacidade permanente parcial.

No caso de incapacidade laboral permanente parcial, se non puidese realizar algún tipo de traballo non correspondente á súa categoría profesional, a empresa estará obrigada a lle proporcionar traballo sen menoscabo da contía que lle corresponde á súa categoría.

Artigo 30º.-Accidente laboral.

A partir do sexto día natural inclusive, contado desde a data da baixa laboral transitoria que se produza como consecuencia dun accidente laboral ocorrido durante a xornada de traballo efectivo e dentro do recinto do centro de traballo, completarase a retribución para alcanza-la totalidade do salario establecido no convenio colectivo, quedando excluídas as horas extraordinarias que se liquidarán, en todo caso, conforme a normativa vixente. En caso de o accidente dar lugar ó internamento hospitalario de polo menos 5 días a partir do momento en que se produza, completarase a retribución a partir do primeiro día inclusive. Este acordo tamén é de aplicación para o accidente laboral ocorrido no exterior do recinto da empresa, para o caso de o traballador se encontrar efectuando un servicio concreto solicitado pola empresa e dentro da súa xornada efectiva de traballo.

Se a porcentaxe anual acumulada de absentismo, calculada para o 31 de decembro de 1998, se mantén por debaixo do 3,5%, completarase desde o primeiro día ata o total do salario establecido no convenio, quedando excluídas as horas extraordinarias, a todos aqueles traballadores que durante o ano causasen baixa por accidente laboral dentro do recinto de traballo e que non cumprisen o requisito de hospitalización mencionado no parágrafo anterior.

Enténdese por porcentaxe de absentismo tódalas horas de non presencia na fábrica, excepto as saídas sindicais dos membros do comité de empresa.

Artigo 31º.-Información do comité ó persoal.

A empresa facilitará os medios necesarios (máquina de escribir, multicopista, fotocopiadora, etc., así como persoal para os manexar) co fin de facilita-la información que o comité considere necesario pasar a todo o cadro de persoal da empresa.

Artigo 32º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio colectivo e, en xeral, para atender a cantas cuestións se deriven da súa aplicación, establécese unha comisión paritaria integrada polas partes negociadoras deste convenio á que poden asistir asesores de ámbalas partes.

Artigo 33º.-Autonomía.

As partes sométense ó presente convenio, con expresa exclusión de calquera outro que se establecese ou estableza durante 1998, sexa por acordo entre as partes ou por resolución administrativa.

As normas do presente convenio, entendido como unha totalidade, terán primacía sobre calquera outra, dada a liberdade e autonomía das partes negociadoras.

Vigo, 15 de xullo de 1998.

Táboa salarial 1998

Horas extras

CategoríasSoldosNormaisFestivas

Aprendiz de 4º ano3.5131.3861.660
Peón3.5411.5101.813
Especialista 1ª4.3401.7192.058
Oficial 3ª4.5491.8002.160
Oficial 2ª4.7601.8842.259
Oficial 1ª4.9671.9682.363
Oficial Espcia. litógrafo5.1772.0522.459
Encargado de sección5.3842.1362.561
Gardas e serenos4.3401.7192.058
Porteiros4.3401.7192.058
Almaceneiros e listeiros4.5491.8002.160

Administrativos

Xefe de 1ª169.8452.2142.655
Xefe de 2ª163.6192.1362.561
Oficial de 1ª151.0891.9682.363
Oficial de 2ª144.6811.8842.259
Auxiliar138.6161.8002.160

Técnicos

Delineante, dibuxante

Proxec. 1ª

152.6631.9892.386
Idem 2ª146.2571.9052.282
Idem 3ª139.9431.8192.183
Mestre encargado169.8452.2142.655
Titulado grao medio169.8452.2142.655
Titulado grao superior223.602

10965