Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 09 de decembro de 1998 Páx. 13.164

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1998 da delegación de competencias no director do Servicio de Publicacións desta universidade.

Visto o Regulamento do Servicio de Publicacións desta universidade, aprobado pola Xunta de Goberno

do día 25 de novembro de 1996, no que se fan constar que aquelas funcións xurídico económicas ás que se fai referencia nos artigos do título III e en outros deste regulamento, especialmente en materia de contratación, serán subscritos polo Servicio de Publicacións, se o rector outorga unha delegación de competencias no director do servicio.

Polo exposto, coa finalidade de axiliza-las xestións do dito servicio, este rectorado, de conformidade co disposto nos estatutos e o Regulamento de contratación desta universidade e en termos do artigo 13 da Lei 30/1992, dicta a seguinte resolución:

1º Deléganse no director do Servicio de Publicacións desta universidade, Antón Palacio Sánchez, as facultades que correspondan a este rectorado como órgano de contratación desta universidade, delegación que alcanza exclusivamente ós contratos que recolle o mencionado regulamento, sendo nulos de pleno dereito aqueles que outorgue excedendo os límites marcados.

2º En todo contrato que subscriba farase expresa referencia a esta delegación e na súa tramitación cumpriranse as esixencias do ordenamento xurídico, en especial da Lei 13/1985.

3º A presente delegación que será publicada no DOG, poderá ser revogada, en calquera momento, por esta rectorado.

Vigo, 3 de novembro de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

10931