Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1998 pola que se anuncia concurso para a concesión da instalación de máquinas expendedoras de bebidas no centro social municipal de Elviña.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: C98/10.

2. Obxecto do contrato: concesión da instalación de máquinas expendedoras de bebidas no centro social municipal de Elviña.

Prazo de execución: un ano prorrogable ata cinco.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: non se fixa.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, este quedará automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego e cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica» e «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta (nome e denominación social do licitador) para optar ó concurso para a concesión da instalación de máquinas expendedoras de bebidas no centro social municipal de Elviña (Ref. C98/10).».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 18 de novembro de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

11049