1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: O98/76.
2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución das obras de urbanización e axardinamento da zona da canteira de Adormideras.
Prazo de execución: cinco meses.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 88.500.000 ptas. (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Clasificación: grupo K, subgrupo 6, categoría c.
8. Presentación de proposicións:
a) Prazo: un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial
de Galicia, finalizando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, este quedará automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego e cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.
d) Admisión de variantes: si
9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica» e «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a redacción do proxecto e execución das obras de urbanización e axardinamento da zona da canteria de Adormideras (Ref. O98/75).».
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 16 de novembro de 1998.
O alcalde
P.D.
Rubricado
11048