Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación mineira de arxilas Frades 4ª1.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 24 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación mineira de arxilas denominada Frades 4ª1 situada no concello de Mesía,

provincia da Coruña, e promovido por Epifanio Campo Fernández, que se transcribe como anexo a esta resolución.

A Coruña, 2 de novembro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

ANEXO

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación presentada, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental establece pola presente declaración de impacto ambien

tal as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio de impacto ambiental, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, con fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

A presente declaración refírese, en exclusiva, ás actuacións mineiras de explotación nas zonas sinaladas nos plans achegados, dun total de 250.000 m, e que veñen definitidas no proxecto de referencia e resumidas no anexo I.

Para outras zonas ou áreas por explotar precisaríase unha nova declaración.

1. Protección da atmosfera.

1.1. Sobre a emisión do po e gases.

Adoptáranse medidas necesarias na explotación de xeito que non se superen os límites establecidos polo Decreto 833/1975, do 5 de febreiro, polo que se desenvolve a Lei 38/1972, do 22 de decembro (BOE nº 96, do 22 de abril de 1975, corrección de erros en BOE nº 137, do 9 de xuño de 1975), de protección do ambiente atmosférico.

1.2. Sobre o ruído.

Cumprirase o disposto na Lei 7/1997, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto).

2. Protección das augas.

2.1. Para a ocupación de calquera zona pertencente ó dominio público hidráulico, será preceptivo contar coa autorización expresa do organismo de conca conforme o recollido na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas (BOE nº 189, do 8 de agosto, corrección de erros en BOE nº 243, do 10 de outubro).

2.2. Co fin de evitar que as augas de escorrentía superficial das zonas ocupadas pola explotación poidan afecta-los regatos de Xancela, Xestosa, do Molar e o río Maruzo, conduciranse axeitadamente as augas das zonas explotadas, xunto coas provenientes de calquera outro labor relacionado directa ou indirectamente coa expoltación, a balsas de decantación previamente ó seu vertido.

As balsas de decantación deberán estar deseñadas, localizadas e dimensionadas correctamente, de xeito que garantan o seu axeitado funcionamento.

2.3. Co fin de impedi-la entrada de auga de escorrentía superficial ó interior da explotación, deberá contruírse unha canle perimetral.

2.4. Os labores de mantemento da maquinaria levaranse a cabo fóra das zonas en explotación ou xa explotadas, debendo ser xestionados cos seus residuos, conforme a súa natureza, segundo a normativa vixente.

3. Protección do solo.

3.1. Aínda que non estea previsto un período de tempo de almacenamento de terra vexetal superior

a un ano, someterase a coidado, mediante un removido tempoal, regas, achega de fertilizante mineral (0,001 kg/m) e plantación con leguminosas en cantidade de 0,1 kg/m (en asociacións de Festuca sp., Melilotus sp.i.e.). Os amoreamentos deberán realizarse de xeito que non estean en pendente nin en zonas susceptibles de derruba. Estes amoreamentos disporanse formando cordóns lonxitudinais que non superen os 1,5 m de altura, de tal xeito que resulten protexidos da posible entrada de auga con pequenas canles.

3.2. Non se poderá despositar nin acumular na explotación nin en terreos adxacentes, ningún tipo de residuos sólidos diferentes dos amoreamentos temporais de terra vexetal xerados na explotación, prohibíndose de forma específica o seu vertido noutras zonas da parcela ou en terreos alleos a ela, así como en zonas do dominio público hidráulico sen autorización expresa do organismo de conca. Así mesmo, non poderá haber perda dos amoreamento ó exterior da explotación, tomándose as medidas adecuadas para evitar este problema.

4. Protección da fauna e da flora.

4.1. Evitarase a libre circulación de animais entre as parcelas estremiras e a zona de explotación, mediante a instalación na parte superior das frontes de explotación, dun peche de malla cunha altura non inferior a 1,50 m.

4.2. Respectarase sistematicamente todo tipo de vexetación existente, compatible coa explotación, que sirva como pantalla visual, acústica e contra o po en calquera das zonas que se vaian explotar. A eliminación da vexetación da área que se vai explotar será siempre mediante sistemas de roza.

5. Protección da paisaxe.

Co fin de integrar paisaxísticamente a explotación, de xeito que non se vexa desde ningún núcleo habitado nin infraestructura, disporanse pantallas visuais arbóreas a base de Betula alba e Alnus glutinosa, nas zonas próximas a dominio público hidráulico, (en marco 2x3 m en disposicións triangular e ó longo dunha franxa de 10 m de largo) e Pinus pinaster (en marco 2x3 m en disposición triangular) no resto das zonas que o requiran para asegura-lo cumprimento do obxectivo neste punto.

6. Restauración.

En relación ó plan de restauración realizaranse previsto, teranse en conta as seguintes consideracións:

6.1.Os labores de restauración realizaranse paralelamente ás de extracción de acordo co calendario proposto no proxecto. Ó remate da explotación procederase á restauración do último oco e á recuperación da rede de cunetas, da canle perimetral e das balsas de decantación.

6.2. A profundidade mínima de terra vexetal será de 80 cm, tal como consta no estudio, de xeito que

o volume total de terra vexetal retirada (200.000 m) se estenderá posteriormente nos ocos de explotación para a súa restauración.

No relativo ó apartado de fertilización utilizaranse fertilizantes orgánicos (esterco) e inorgánicos (complexos N-P-K 0,07 kg/m así como emenda calcaria (carbonato cálcico), de acordo co establecido no estudio, debéndose reflecti-las súas doses no programa de restauración e mailo seu custo no orzamento de restauración.

Os labores de revexetación realizaranse en outono ou primavera, en función dos ecotipos seleccionados, procedéndose á rega regular, ó fertilizante con mineral (0,05 kg/m) e á resementeira (0,005 kg/m) das superficies revexetadas ata que se asegure a viabilidade da plantación.

As especies arbóreas que se empregarán na revexetación do límite entre a zona de dominio público hidráulico e a zona de explotación serán Betula alba e Alnus glutinosa con marco 2x3 m plantados ó longo de 10 metros de largo. Na zona de explotación poderase plantar Pinus pinaster (100 ud/Ha) segundo o indicado no proxecto.

6.3. Ó finaliza-la explotación procederase á restauración dos 25.000 m equivalentes ó último oco de explotación, á canle perimetral, á rede de cunetas e ás balsas de decantación, deixando o medio nas concidicións precisas para o uso previsto para o terreo e convervando as servidumes propias ou redefinidas. Unha vez ripado o terreo afectado procederase á remodelación dos ocos achegando unha capa de 80 cm de terra vexetal, procedente da cuberta retirada anteriormente.

6.4. Os lodos obtidos das balsas de decantación empregaranse na súa totalidade para a restauración dos ocos de explotación.

7. Vixilancia ambiental.

O promotor remitirá, a través do órgano substantivo, e xuntamente co plan de labores anual no mes de xaneiro de cada ano, un informe acompañado de reportaxe fotográfica na que se describa o estado da explotación así como dos traballos de restauración levados a cabo segundo a planificación proxectada, indicando as variacións producidas con respecto a esta, xunto coa provisión dos labores de restauración para o vindeiro ano.

8. Documentación adicional.

Nun prazo máximo de tres meses de ser notificada a presente DIA e en calquera caso previamente á autorización administrativa, o promotor presentará diante do órgano substantivo, que o remitirán a esta dirección xeral para a súa avaliación, os seguintes informes:

Prospección arqueolóxica superficial intensiva realizada por técnicos competentes, en cumprimento do previsto na Lei 8/1995, do 30 de outono, do patrimonio cultural de Galicia e do Decreto 199/1997,

do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueoloxíca na Comunidade Autónoma de Galicia.

Caracterización das pantallas visuais, de acordo co mapa de cuncas e cos perfís visuais, que aseguren o enmascaramento da explotación e que deberán vir reflectidas no orzamento do plan de restauración e representadas nos planos correspondentes, a escala axeitada, e debidamente localizadas.

Cuantificación e localización precisa dos lugares seleccionados para a realización dos amoreamentos de terra vexetal, representado en planos a escala axeitada e con coordenadas U.T.M., conforme o punto 3.1 e 3.2 da presente declaración.

Plano das balsas de decantación e máis da canle perimetral onde veñan claramente representadas, en planos a escala axeitada e coordenadas U.T.M. as súas dimensións, caracteristicas e localización.

Novo orzamento do plan de restaruación da superficie afectada pola exploración, incluído as medicións e valoración, segundo prezos actuais de mercado, de tódalas unidades de obra e tendo en conta a aplicación das medidas correctoras e protectoras ambientais que se deriven da aplicación da presente DIA.

9. Condicións adicionais.

9.1. Para efectos de seguimento da presente DIA o promotor comunicaralle ó órgano ambiental, a través do órgano substantivo, a data de notificacion da DIA ó promotor.

9.2. En referencia ó punto 8 da presente DIA, o promotor presentará a documentación solicitada no órgano substantivo que a remitirá, para a súa avaliación, a esta dirección xeral. Esa emenda deberá producirse previamente á autorización administrativa do proxecto.

A avaliación desta documentación será obxecto dunha resolución que será comunicada por esta dirección xeral ó órgano substantivo, para os efectos oportunos.

9.3. O aval que deberá fixa-lo órgano substantivo para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e para facer fronte ós posibles danos que produzan ó medio, segundo o disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, proporase unha vez presentado polo promotor, en cumprimento de punto 7 da presente declaración, o orzamento definitivo dos traballos de restauración.

9.4. O promotor comunicará diante desta dirección xeral, a través do órgano substantivo, a data de comezo de explotación.

9.5. As condicións inducidas nesta DIA son de obrigado cumprimento para o promotor, non embargantes, a empresa promotora poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas nesta DIA, co obxecto de modificalas ou cambialas por

outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves deficiencias para a súa implantanción ou implicasen modificacións importantes na actividade industrial, e sempre e cando as novas medidas propostas, permitan acada-los obxectivos e fins que se indican. Nesta circunstancia, a empresa promotora solicitarao, tres meses despois de lle ser enviada a presente DIA polo órgano substantivo, á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, presentando documentación técnica que xustifique as novas medidas porpostas. Unha vez recibida a solicutde e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas, comunicando o acordo adoptado á empresa promotora.

9.6. Se unha vez emitida esta DIA se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico, sobre o medio ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e se corrixiren estas.

9.7. Do mesmo xeito, o incumprimento total ou parcial por parte do promotor, dos labores de restauración previstos, serán causa suficiente para que se proceda ó peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

9.8. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificacións nela. En materia urbanística, o proxecto estará ó abeiro do disposto na Lei 1/1997, do solo de Galicia.

9.9. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Resumo do proxecto.

O proxecto consiste nunha explotación de arxilas ó descuberto mediante bancos de 4 m de altura, que equivalen ó espesor da capa de arxila extraíble, e 20 m de largo de oco parcial, no termo municipal de Mesía da provincial da Coruña.

Preténdese explotar 200.000 t/ano sobre unha superficie total de 285.000 m divididos en dúas zonas de extracción e unha zona de protección es estradas, camiños e regatos que teñen as seguintes superficies:

Zona 1: 215.000 m de explotación.

35.000 m de zonas de protección.

Zona 2: 35.000 m de extracción.

A duración estimada da explotación é de 10 anos, non será preciso o uso de explosivos xa que o material é facilmente ripable.

O programa de restauración do terreo obxecto de explotación terá lugar cada ano cun total de 9 fases intermedias e unha última fase que comezará unha vez finalizados os labores de extracción, procedéndose á restaruación do último oco de explotación sen recheo do terreo ata o seu perfil orixinal. Tamén se procederá á recuperación das balsas de decantación, canles perimetrais e a rede de cunetas.

ANEXO II

Resultados das consultas realizadas.

Do contido dos informes recibidos cabe desta-las seguintes consideracións:

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais emite informe favorable a este estudio ambiental.

A Dirección Xeral de Patrimonio Culturaldestaca a inexistencia de informes baseados en traballos de campo relativos ó impacto sobre o patrimonio arqueolóxico polo que é conveniente a realización dun estudio específico de impacto da explotación sobre el patrimonio histórico, onde sexan establecidas as posibles afeccións neste patrimonio. O estudio incluiría unha prospección arqueolóxica, levada a cabo por técnicos competentes de acordo coa Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente, informa favorablemente a este estudio de impacto ambiental.

A Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio emite informe favorable do referido estudio e considera necesaria a recollida no condicionado dos seguintes puntos:

Ámbito territorial da declaración (25 Ha destinadas ás actuacións mineiras de explotación de arxilas), control dos niveis de emisión de partículas sólidas, o disposto na ITC 07.1.03 sobre viais e pistas, respecto da vexetación do contorno, adecuada xestión dos residuos e cumprimento do disposto na Lei 20/1986 e R.D. 833/1998, en materia de aceites usados e graxas.

10367