Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 73/1996).

De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Avda. de Arteixo, 171, 15009 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a declaración de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, de 1.216 m

de lonxitude, con orixe na liña A Tapia de San Román, centros de transformación aéreos que se van instalar nos lugares de Vilacova e Portochán, e redes de baixa tensión nos termos municipais de Ames e A Baña (expediente 73/96), da que con data do 30 de setembro de 1996 se outorgou a declaración de utilidade pública.

En consecuencia, calquera persoa dentro do prazo de quince días seguintes á presente publicación, e os interesados que figuran na relación anexa ós que se lles practicará notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afectan; e formular mediante escrito ante esta delegación alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do citado decreto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade con artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 21 de outubro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 73/96. Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T. e R.B.T. de Vilacoba.Termo municipal: Ames.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1BarcielaPrado e CasHerminio Grille NietoRúa do Loureiro, Os Tilos 5B-1ºC, 15894 Teo901.440

10355