Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.097

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Frigoríficos de Galicia, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Frigoríficos de Galicia, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-11-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, agás 2 representantes de UGT, con data do 2-11-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 10 de novembro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Frigalsa para 1998 e 1999

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio regulará as condicións laborais e económicas da empresa Frigoríficos de Galicia, S.A. (Frigalsa) e atinxe a tódolos traballadores que prestan actualmente servicios nela, así como aqueles que sexan admitidos posteriormente, coa aclaración indicada no artigo 4º.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1998 e finalizará o 31 de decembro de 1999; será prorrogado se non existir denuncia expresa dalgunha das partes, cun mes de anticipación ó seu vencemento.

Artigo 3º.-Incremento salarial.

Para o ano 1999 será o que se fixe no convenio colectivo de ámbito estatal de frío industrial incrementado nun 0,20%, mantendo sen conxelar ningún concepto.

Artigo 4º.-Condicións absorbibles.

Terán carácter de absorbibles e compensables en cómputo anual coas condicións aquí establecidas

as melloras económicas e sociais que puidesen ser establecidas por calquera disposición durante a vixencia deste convenio.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

A xornada efectiva de traballo para todo o persoal da empresa será de 1.800 horas anuais distribuídas de luns a venres en xornada partida de 8 a 13 e de 15 a 18 horas, a excepción do novo persoal que poida ser contratado a partir do 1 de xaneiro de 1997, que convirá o seu horario coa empresa. A xornada semanal tipo será de 40 horas ou a que se acorde nos traballos por quendas.

Artigo 6º.-Vacacións.

O descanso anual retribuído será de 30 días naturais, entre os que, polo menos 22, serán laborables, entendendo como tales para estes efectos os que non sexan sábados, domingos nin festivos. O seu desfrute realizarase, preferentemente, no período estival e segundo as necesidades de traballo na empresa, efectuándose dentro do persoal unha quenda rotativa canto á prioridade de solicita-la época do seu desfrute.

A empresa publicará o cadro de vacacións de todo o persoal no mes de febreiro de cada ano e entregará unha copia ó comité de empresa. A retribución do período de vacacións consistirá na totalidade do soldo percibido no mes anterior, a excepción das horas extra e a gratificación de transporte.

Artigo 7º.-Licencias.

A empresa concederá obrigatoriamente licencia ós traballadores que o soliciten e o xustifiquen debidamente, sen perda nin prexuízo na retribución nos seguintes casos:

a) Casamento, quince días.

b) Nacemento de fillos ou enfermidade grave do cónxuxe, pais ou fillos, dous días, todo ampliable a máis tres días se se xustifican debidamente a súa necesidade, e sen retribución.

c) Falecemento de cónxuxe, pais, fillos e irmáns (consanguíneos ou políticos), tres días; falecemento dos demais parentes, un día.

d) Por traslado de domicilio habitual, 2 días.

e) Casamento de fillos ou irmáns, 1 día.

f) A empresa poderá conceder permisos non retribuídos ós traballadores que o soliciten e sempre que as esixencias do servicio o permitan.

Artigo 8º.-Antigüidade.

Pagarase por cuadrienios, consonte os importes correspondentes a cada categoría segundo se indica na táboa salarial anexa.

Artigo 9º.-Vestiario.

A reposición do vestiario do persoal será anual e efectuarase no mes de setembro de cada ano. Canto ó persoal fixo-descontinuo, entregaranse as pezas de roupa cada vez que realice o total de xornadas correspondentes ó ano de traballo (225 xornais).

Artigo 10º.-Pagas extraordinarias.

As pagas extraordinarias serán tres no ano da contía de 30 días do salario real máis antigüidade cada

unha, e percibiranse o 15 de marzo, 15 de xullo e 15 de decembro de cada ano.

Artigo 11º.-Gratificación de transporte e distancia.

Establécese un plus de transporte e distancia na contía total de 187 pesetas por un día efectivo de traballo.

Artigo 12º.-Complemento prestacional.

A empresa complementará ata un cento por cento a prestación correspondente á Seguridade Social, nos supostos de incapacidade temporal derivada da continxencia de accidente de traballo e enfermidade profesional.

Así mesmo, a empresa complementará ata un cento por cento a prestación correspondente á Seguridade Social ós traballadores que sufrisen unha intervención cirúrxica e o acrediten debidamente.

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de desemprego existente e co obxecto de facilita-lo emprego, quedan suprimidas as horas extraordinarias habituais.

Exceptúase da norma anterior:

a) As horas extraordinarias esixidas pola reparación de sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como os casos de risco de perda de materias primas e terminación de tarefas de carga e descarga de productos perecedoiros, neste caso, igualmente por causa extraordinaria non habitual, cun tope máximo dunha hora diaria, será de realización obrigatoria.

b) As horas extraordinarias causadas por pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza perecedoira das materias que se tratan, así como a subministración de xeo ós barcos pesqueiros, manteranse sempre que non caiba a utilización das distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstas nas disposicións xerais.

A dirección da empresa informará mensualmente ó comité de empresa ou ós delegados de persoal sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se for o caso, a distribución por seccións. Así mesmo, en función desta información e dos criterios sinalados anteriormente, a empresa e os representantes dos traballadores

determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.

En aclaración do concepto de hora estructural que contén o A.I., serán consideradas como tales as esixidas para a reparación de sinistros ou outros danos extraordinarios; as necesarias ante un risco de perda de materias primas e terminación de tarefas de carga e descarga de productos perecedoiros, e as necesarias para atender períodos punta de producción.

Artigo 14º.-Valor das horas extraordinarias.

O valor de cada hora extraordinaria será de 1.274 ptas., excepto as traballadas en sábados e festivos, que será de 2.338 ptas. A partir das 22 horas, as horas extraordinarias terán un valor de 2.923 ptas. nos sábados e festivos, e de 1.593 ptas. nos restantes días.

Artigo 15º.-Revisión médica.

A empresa porá ó dispor de todo o persoal unha revisión médica anual.

Artigo 16º.-Descanso de bocadillo.

Todo o persoal terá dereito a un descanso retribuído de 10 minutos, comprendidos entre as 10 e as 11 horas de cada día. Este descanso será distribuído polos encargados das seccións correspondentes.

Artigo 17º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria está formada, canto á empresa, por Teófilo Ceniceros Gallego, Adolfo Viéitez Davila e Jacinto Salvador Fernández, e por parte dos traballadores, por Enrique Álvarez Davila, José Fernández González e Juan Carlos Sobrido Valverde.

Artigo 18º

Asinan este convenio, por parte da empresa, Teófilo Ceniceros Gallego (director xeral), Salvador Ferrín Braña (director comercial), Jacinto Salvador Fernández (director administrativo), Adolfo Viéitez Davila (director de planta) e Esperanza Riobó Ibáñez (administrativa). Por parte dos traballadores, Juan Carlos Sobrido Valverde, Manuel Martínez Pérez, José Fernández González, Luciano Villar Rodríguez e Enrique Álvarez Davila, estes dous últimos néganse a asinar, todos eles membros do comité de empresa de Frigalsa.

Vigo, novembro de 1998.

(Seguen sinaturas).

ANEXO

Convenio 1998. Táboa salarial.

CategoríaSoldo basePlus convenioTox. penoso

ou nocturno

Gratificación

voluntaria

Total mesCuadrienio

Director administrativo120.77340.418-96.239257.4306.888

Xefe sección102.57337.953-72.172212.6985.848

Oficial 1ª administrativo102.57336.990-60.153199.7165.848

Oficial 2ª administrativo96.91232.178-35.071164.1615.526

Oficial 3ª administrativo91.16830.270-32.996154.4345.184

Auxiliar Admin. nivel 185.00329.774-34.102148.8794.833

Auxiliar Admin. nivel 261.06420.273-22.101103.4383.471

Auxiliar Admin. nivel 357.79119.188-20.91597.8943.285

CategoríaSoldo basePlus convenioTox. penoso

ou nocturno

Gratificación

voluntaria

Total mesCuadrienio

Telefonista54.52218.102-19.73292.3563.123

Aprendiz Admin.53.42917.741-19.33790.5073.037

Mozo dos recados/ordenanza52.34017.379-18.94388.6622.976

Xefe de sección102.57337.953-72.172212.6985.848

Oficial 1ª95.77428.86519.15426.398170.1915.446

Oficial 2ª94.36025.87518.87126.723165.8295.365

Oficial 3ª87.53526.37917.50724.130155.5514.978

Peón especialista85.00125.61317.00023.426151.0404.846

Axudante90.67826.88518.13513.265148.9635.155

Peón estibador78.78214.67115.756 -109.2094.479

Peón68.11612.69113.624 -94.4313.872

Xefe de sección102.57337.953-72.172212.6985.848

Maquinista99.54429.77519.91026.561175.7905.660

Oficial 1ª maquinista98.70428.77419.74323.420170.6395.611

Oficial 2ª maquinista94.36025.87518.87126.723165.8295.365

Axudante máquinas N-190.67625.98518.13519.760154.5565.154

Axudante máquinas N-290.67625.98518.13514.170148.9665.154

Axudante máquinas N-364.98418.61912.99614.162110.7613.695

Axudante máquinas N-454.14915.51810.83011.80192.2983.079

Vixilante N-182.67320.8748.26817.473129.2884.701

Vixilante N-265.50116.5316.55013.851102.4333.723

Limpador N-181.46521.291-24.306127.0624.632

Limpador N-259.72615.606-17.81893.1503.395

11031