Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.085

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 30 de novembro de 1998 pola que se establecen subvencións para a realización de programas destinados a prestarlles atención ós enfermos mentais crónicos polas asociacións e outras entidades de iniciativa social.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23º asígnalle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social. Así mesmo, no artigo 33.2º establécese que lle corresponde o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de Seguridade Social.

De conformidade co Decreto 48/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, correspóndenlle a esta as competencias en materia de servicios sanitarios e sociais, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía para Galicia nos termos sinalados pola Constitución española.

A orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998 posibilita a tramitación anticipada dos expedientes de gasto imputables ós capítulos IV e VII dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, no exercicio inmediatamente anterior ó dos orzamentos con cargo ós que se vaian imputa-los correspondentes gastos.

Na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999, establécense os requisitos xerais aplicables ás subvencións concedidas pola Administración autonómica, normativa á que, en consecuencia, se adaptará á presente orde, tendo en conta en todo caso os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Con este fin, no citado proxecto de Lei de orzamentos para 1999, nas aplicacións 11.01.311A.480.0 e 11.03.212D.484.1 existen partidas orzamentarias consignadas para as subvencións que se establecen no articulado da presente orde.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios para o fin para o que foron establecidos,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto o establecemento de subvencións económicas ás entidades sen ánimo de lucro que lles prestan atención ós enfermos mentais crónicos nos centros de rehabilitación psicosocial e laboral e ó abeiro da Orde do 23 de outubro de 1998, de regulamento dos centros de rehabilitación psicosocial e laboral para enfermos mentais crónicos como desenvolvemento dos dispositivos de apoio comunitario.

A solicitude, tramitación e concesión das subvencións obxecto da presente orde axustaranse ó disposto na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, ó proxecto de Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma galega para 1999 e á orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998.

Artigo 2º.-Destinatarios.

Poderán solicita-las subvencións contidas na presente orde as asociacións, federacións ou calquera outra entidade de iniciativa social que sexan titulares dos centros de rehabilitación psicosocial e laboral para a atención dos enfermos mentais crónicos e presten algunha das actividades sinaladas na Orde do 23 de outubro de 1998, artigo 3.3º, sempre que se atopen inscritas no Rexistro de Centros, Servicios e Establecementos Sanitarios dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou que teñan presentada a correspondente solicitude de inscrición.

Artigo 3º.-Tipos de axudas.

Os tipos de axudas que se poderán solicitar son as seguintes:

a) De contratación do persoal.

b) De xestión e mantemento das estructuras necesarias para a realización das actividades.

c) De promoción de actividades e programas específicos que signifiquen unha innovación na rehabilitación do enfermo mental crónico.

Artigo 4º.-Normas xerais sobre as subvencións.

a) Tódalas axudas reguladas na presente orde, por criterio da consellería, poderán estar suxeitas á formalización dun convenio entre a institución beneficiaria e a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) A subvención de xestión e mantemento das estructuras necesarias para a realización das actividades poderá acorda-lo financiamento total ou par

cial do gasto, sen que en ningún caso implique duplicidade, de tal xeito que a suma das subvencións concedidas por todo tipo de organismos públicos, percibidas coa mesma finalidade, non supere o 100% do importe total do gasto efectuado.

c) A concesión das subvencións reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado para estes fins nos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 1999.

d) As actuacións que se van subvencionar deberán realizarse dentro do exercicio do ano 1999.

e) As delegacións provinciais ou, se é o caso, os servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais poderán efectua-las comprobacións que consideren oportunas en canto ó cumprimento dos requisitos esixidos pola lei.

Artigo 5º.-Solicitudes.

As solicitudes formularanse nos modelos oficiais que se facilitarán nas delegacións provinciais ou servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, así como en calquera das oficinas de información administrativa de atención ó cidadán da Xunta de Galicia. A devandita solicitude deberá ir acompañada, ademais de pola documentación requirida para as distintas axudas, pola documentación estatística relativa á institución e ós distintos centros ou servicios xestionados, debidamente cuberta nos modelos oficiais conforme os anexos VII e VIII da presente orde.

1. Documentos comúns.

1.1. Solicitude segundo o modelo oficial (anexo I).

1.2. Memoria da institución segundo o modelo oficial (anexo II).

1.3. Ficha de solicitude de transferencia bancaria segundo o modelo oficial (anexo III).

1.4. Certificación bancaria das contas correntes nas que se ingresará, se é o caso, o importe efectivo da subvención concedida.

1.5. Acreditación da personalidade e representación do solicitante.

1.6. Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal.

1.7. Declaración das contías concedidas no ano 1998 para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou entes públicos nacionais ou estranxeiros, ou negativa, se é o caso.

2. Documentos específicos para cada tipo de subvención.

2.1. Para a contratación do persoal.

Carpeta na que conste a identificación do centro, cadro do persoal, coa súa titulación, debidamente acreditada mediante fotocopia da titulación cotexada, e relación codificada dos usuarios (anexo IV).

2.2. Para a xestión de materiais e mantemento das estructuras necesarias para a realización das actividades (anexo V).

a) Programa pormenorizado das actividades que se pretenden realizar.

b) Orzamento desagregado dos gastos previstos.

c) Compromiso expreso de ceder a favor da Xunta de Galicia os dereitos dos resultados obtidos no caso de congresos, reunións científicas, estudios e publicacións, así como de presentar un informe destes.

2.3. Para a promoción de actividades e programas específicos que signifiquen unha innovación na rehabilitación do enfermo enfermo mental crónico (anexo VI).

Memoria explicativa do programa onde consten os motivos para a súa realización e o razonamento xustificado da innovación, así como os fins que se perseguen con el e os usuarios que se beneficiarían deste.

Artigo 6º.-Lugar e prazo de presentación das solicitudes e documentación.

As solicitudes presentaranse no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde, nas delegacións provinciais ou servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou en calquera dos lugares a que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 7º.-Tramitación dos expedientes.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Subdirección Xeral do Programa de Atención Sociosanitaria examinará os expedientes para comprobar que reúnen os requisitos esixidos pola presente orde, reclamándolles por escrito ós interesados os datos, documentos ou aclaracións que se consideren necesarios para completa-lo expediente, con apercibimento de que se, non o fixesen nun prazo de dez días se considerarán desasistidos da súa petición segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 8º.-Comisión de valoración.

1. Completados os expedientes, serán remitidos para o seu informe preceptivo á comisión de valoración, a cal efectuará a proposta de resolución que remitirá á secretaría xeral da consellería.

Para tal efecto constituirase unha comisión composta polos seguintes membros:

Presidenta: subdirectora do Programa de Atención Sociosanitaria ou persoa en que delegue.

Vocais:

-Subdirectora xeral de Acción Social ou persoa en quen delegue.

-Xefa do Servicio de Atención a Persoas con Minusvalidez ou persoa en quen delegue.

-Xefe do Servicio de Saúde Mental do Sergas ou persoa en quen delegue.

Secretario: xefe de Área do Programa de Atención Sociosanitaria ou persoa en quen delegue.

Artigo 9º.-Criterios de prioridade na valoración das axudas institucionais.

As axudas previstas nesta orde atenderán á seguinte prioridade:

1. As subvencións solicitadas para a contratación do persoal necesario nas distintas institucións.

2. As subvencións para a xestión e mantemento das estructuras necesarias para a realización das actividades.

3. As subvencións para a promoción de actividade e programas específicos que signifiquen unha innovación na rehabilitación do enfermo mental crónico.

Artigo 10º.-Resolución.

1. A resolución das axudas correspóndelle ó secretario xeral, logo da proposta da comisión e logo da súa fiscalización pola Intervención da consellería. Delégase no secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais a facultade para autorizar e dispoñer dos gastos previstos por esta orde, así como para propoñe-la ordenación dos pagamentos correspondentes.

2. As resolucións recaídas seranlles notificadas ós interesados para a execución da subvención outorgada.

3. Poderán ser modificadas as devanditas resolucións no caso de alteración das circunstancias que serviron de base para o seu outorgamento.

Artigo 11º.-Pagamento e xustificación das subvencións.

Dictada a resolución pola que se concede a subvención, procederase ó pagamento logo da xustificación da realización da actividade obxecto da subvención na forma que se indica nos parágrafos seguintes. No caso de convenios, aplicarase o que neles se sinale, sempre que non contradiga o disposto na presente orde.

A) Subvención para a contratación do persoal.

1. O primeiro 50% da totalidade da subvención concederase con carácter de anticipo a conta da liquidación.

Para facer efectivo este anticipo deberán presentarse os seguintes documentos:

a) Copia cotexada da contratación do traballador.

b) Copia da alta na Seguridade Social, se é o caso.

c) No caso de traballadores por conta propia, copia cotexada do NIF ou alta fiscal, así como previsión do número de horas nas que efectuará o seu traballo e a contía anual.

2. O 50% restante farase efectivo unha vez que o beneficiario xustifique ter realizado un gasto equivalente pola contratación do persoal mediante fotocopia cotexada por ese concepto.

B) De xestión e mantemento das estructuras necesarias para a realización das actividades.

Ó abeiro do establecido no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999, o pagamento destas axudas poderá facerse segundo se establece a continuación:

Para aquelas subvencións que non superen 1.000.000 de ptas., poderá acordarse no momento da subvención un anticipo de pagamento de ata o 70%, e librarase o 30% restante, total ou parcialmente, no momento da completa xustificación por parte do beneficiario dos gastos realizados como consecuencia da actividade obxecto da subvención.

Nos demais casos, o pagamento das axudas poderá facerse nos seguintes prazos:

a) O primeiro 50% da totalidade da subvención, con carácter de anticipo a conta da liquidación.

b) O 50% restante farase efectivo unha vez que o beneficiario xustifique ter realizado un gasto equivalente ó investimento realizado mediante fotocopia cotexada das facturas por ese concepto.

C) De promoción de actividades e programas específicos que signifiquen unha innovación na rehabilitación do enfermo mental crónico.

Ó abeiro do establecido no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999, o pagamento destas axudas poderá facerse segundo se establece a continuación:

Para aquelas subvencións que non superen 1.000.000 de ptas., poderá acordarse no momento da subvención un anticipo de pagamento de ata o 70%, e librarase o 30% restante, total ou parcialmente, no momento da completa xustificación por parte do beneficiario dos gastos realizados como consecuencia da actividade obxecto da subvención.

Nos demais casos, o pagamento das axudas poderá facerse nos seguintes prazos:

a) O primeiro 50% da totalidade da subvención, con carácter de anticipo a conta da liquidación.

b) O 50% restante farase efectivo cada vez que o beneficiario xustifique ter realizado un gasto equi

valente á actividade realizada mediante fotocopia cotexada das facturas por ese concepto.

No caso de que sexa necesario a contratación de persoal específico para levar a cabo este programa, ademais se deberán xunta-los documentos especificados no punto A.1.

Así mesmo, a entidade deberá presentar antes do 31 de xaneiro do exercicio seguinte, ante a delegación provincial respectiva ou nos servicios centrais, e dirixida á Subdirección Xeral do Programa de Atención Sociosanitaria, un balance de ingresos e gastos comprensivo de todo o ano natural, conforme o anexo VI, así como unha memoria no caso de promoción das actividades. Cumprir este trámite considérase requisito previo para a concesión de subvencións nos exercicios seguintes.

Artigo 12º.-Outras obrigas das entidades subvencionadas.

a) Facer constar, en todo tipo de publicidade e información, a condición de subvencionada pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Remiti-los informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da consellería.

c) Autoriza-la inspección dos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sobre os seus centros e actividades.

d) Acreditar ante a entidade concedente a realización da actividade e o cumprimento dos requisitos e das condicións que se determinen na concesión da subvención.

Artigo 13º

O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas na presente orde, así como a duplicidade de axudas con cargo a outros créditos dos orzamentos xerais do Estado, da Seguridade Social, Administración institucional, autonómica ou local, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, xunto cos xuros de demora, segundo o previsto no artigo 78.5º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, modificado pola Lei 14/1992, do 25 de decembro, de presupostos xerais para 1993.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1998.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

10636