Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 04 de decembro de 1998 Páx. 13.074

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 19 de novembro de 1998 pola que se declara a alienabilidade de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Cabana de Bergantiños, Coristanco, Culleredo, Monterroso, A Pontenova, Sober, A Bola e Piñor de Cea.

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1996, no seu apartado tres, establece que o Consello da Xunta de Galicia, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles ós fins e servicios de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Polos decretos 328/1996, do 26 de xullo (DOG nº 157, do 12 de agosto), 302/1997, do 23 de outubro

(DOG nº 212, do 3 de novembro), e 233/1998, do 30 de xullo (DOG nº 154, do 11 de agosto) desafectáronse, entre outros, varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Cabana de Bergantiños, Coristanco, Culleredo, Monterroso, A Pontenova, Sober, A Bola e Piñor de Cea.

Unha vez obtida a inscrición nos correspondentes rexistros da propiedade dos ditos bens inmobles a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico destes bens patrimoniais.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, e logo do informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen a continuación:

1. Urbano.-Edificio de planta baixa de 135 m construído sobre un terreo de forma rectangular, de 11 m de fronte á estrada e 17 m de fondo, segregado dun predio que lle chaman Campo da Xabiñana, no lugar de Pedrouzo, parroquia de Cundíns, municipio de Cabana de Bergantiños (A Coruña). Linda: norte, Pedro Sánchez; sur, herdeiros de Jacoba Fondo; leste, estrada; e oeste, predio matriz.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo, no tomo 860, libro 100, folio 175, predio nº 9.309, inscrición 3ª.

2. Urbano.-Edificio de planta baixa e alta, situado no lugar de San Roque, parroquia de Traba, hoxe Avda. de Erbecedo nº 2, municipio de Coristanco (A Coruña), cunha superficie de ocupación de 118 m por planta, asentada sobre un terreo de 207 m aproximadamente. Linda: norte, estrada de San Roque a Ramil, tamén chamada de Erbecedo ou a Rus; sur, herdeiros de José Rey; leste, estrada da Coruña a Fisterra, C-552; e oeste, José Antonio Mira Remuiñán.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo, no tomo 1.051, libro 117, folio 191, predio nº 12.624, inscrición 1ª.

3. Urbano.-Edificio de planta baixa e piso, situado no lugar de Tarrío, municipio de Culleredo (A Coruña), cunha superficie total de 296 m, repartidos en 140 m en planta baixa e 156 m en planta alta. O edificio foi construído sobre un terreo que ten unha superficie de 474,39 m. Linda: norte, con predio de Argelia-Matilde Arcas Penas, antes camiño de Tarrío a Culleredo; sur, camiño de Sésamo a Culleredo, hoxe coñecido como estrada á Feira de

Peiro; leste, predio que foi de Dolores Saldaña, hoxe Concello de Culleredo; e oeste, horta dos señores de Fort.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 3 da Coruña, libro 346, folio 116, predio nº 28.866, inscrición 1ª.

4. Urbano.-Edificio de planta baixa e alta, que ocupa 220 m dun soar de 240 m, resultado de 12 m de fronte por 20 de fondo, no lugar de Arcas, municipio de Monterroso (Lugo). Linda: norte, Jesús Bargados; sur por onde ten a súa fronte, terreo de 12 m de largo destinado a rúa pública; leste e oeste, Antonio Sabariz García.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Chantada, no tomo 671, libro 77, folio 29, predio nº 10.926, inscrición 1ª.

5. Urbano.-Predio no sitio denominado Tahona ou Campo da Feira ou Pumarega, sito na parroquia da Pontenova-Vilaodriz, termo municipal da Pontenova (Lugo). Ten unha superficie de 240 m, con 12 m de fronte á estrada de Santo Estevo e 20 m de fondo. Sobre este terreo construíuse un edificio que conta de planta baixa e piso, destinado a almacén e oficinas, cunha superficie total construída de aproximadamente 261 m. Linda: norte, Auxiliadora Fernández Villanueva; sur, Manuel Liz Ginzo; leste, estrada da Pontenova a Santo Estevo; e oeste, Auxiliadora Fernández Villanueva.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadeo, no tomo 329, libro 46, folio 137, predio nº 2.607, inscrición 4ª.

6. Urbano.-Edificio que consta de baixo e unha planta, duns 122 m, situado na praza do concello, nº 2, da vila e concello de Sober (Lugo). Linda: norte, soar propiedade da extinta Cámara Agraria Local de Sober, hoxe Comunidade Autónoma de Galicia; sur e leste, vía pública; e oeste, propiedade de José Fernández Pérez e Nieves Rivero Pérez.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos, no tomo 600, libro 89, folio 161, predio nº 7.952, inscrición 2ª.

7. Urbano.-Soar de 283 m, na praza do concello de Sober (Lugo), que ten edificado na súa parte norte un coberto duns 42 m destinado a laboratorio veterinario. Linda: norte, José Luís Corral Rivas; sur, edificio propiedade da extinta Cámara Agraria Local de Sober, hoxe Comunidade Autónoma de Galicia; leste, vía pública; e oeste, propiedade de José Fernández Pérez e Nieves Romero Pérez.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos, no tomo 600, libro 89, folio 162, predio nº 7.953, inscrición 2ª.

8. Urbano.-Edificio de planta baixa dedicado a almacén e oficinas no lugar de Seixomil, termo municipal da Bola (Ourense), que ocupa unha superficie de 128 m, asentado sobre un soar de 315 m. Linda: norte, José Manso Saburido, José Rivera Bao e

outros, hoxe Isaac Andrés; sur, estrada de Allariz a Celanova; leste, herdeiros de José Fernández, hoxe Isaac Andrés; e oeste, Milagros Bernárdez, hoxe pista particular de varios veciños.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Celanova, no libro 84, folio 34, predio nº 9.740, inscrición 3ª.

9. Urbano.-Edificio de planta baixa no lugar denominado Cruceiro, termo municipal de Piñor de Cea (Ourense), que ocupa unha superficie de 200 m, dedicado a almacén e oficinas. Linda: norte, Campo da Feira; sur, Eligia Mangana Pardo; leste e oeste, Anuncia Mangana.

Inscrito no Rexistro da Propiedade do Carballiño, no tomo 434, libro 36, folio 129, predio nº 4.287, inscrición 3ª.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

da Consellería de Economía e Facenda

10906